As vacinas reducen a letalidade case á metade desde a terceira onda dun covid que gaña terreo


Os últimos datos do coronavirus en Galicia confirman o recente empeoramento, aínda que o espertar deste rebote está a ser por agora moito máis pausado que en anteriores ocasións. Ademais, a inmunización, xa está a limitar a cantidade de falecidos. Galicia encadea dous días seguidos sen ningún deceso, algo que non pasaba desde o 18 de agosto.





|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia confirman o recente empeoramento, aínda que o espertar deste rebote está a ser por agora moito máis pausado que en anteriores ocasións. 


Ademais, a inmunización, xa está a limitar a cantidade de falecidos. Galicia encadea dous días seguidos sen ningún deceso, algo que non pasaba desde o 18 de agosto.


A incidencia acumulada a sete días estaba nun chairo desde o 6 de marzo, con altibaixos moi leves, movíase entre 35 e 29. A calma interrompeuse fai un par de xornadas, cando o positivos produto da Semana Santa elevaron significativamente este indicador. Hoxe sobe por terceiro día consecutivo, pero pouco, a penas de 36 a 36,3, en parte debido aos 113 positivos coñecidos hoxe. É a menor cifra desde o 4 de abril, o luns previo.


Na incidencia acumulada a 14 días aínda non se aprecia un rebote importante, polo menos a primeira vista.  Este indicador tocou fondo a principios de mes con 58 positivos por cada 100.000 galegos e desde entón tende á alza, pero de maneira moi tenue. De feito, hoxe cae, aínda que sexa minimamente, de 64,9 a 64,8.


A taxa de positividade de hoxe é excelente. A penas o 1,7% das case 6.700 PCRs deron positivo. A media baixa un chanzo máis, a 2,2%. Este indicador leva á baixa toda a semana, unha vez que o SERGAS recuperou o ritmo normal de probas tras o relajamiento en Semana Santa. 


Outro indicador que está a mellorar notablemente é a taxa de letalidade. No que levamos de pandemia saltaron 118.732 positivos e falecido 2.368 persoas. Isto implica unha taxa de letalidade de case o 2%, é dicir, faleceron 2 de cada 100 persoas diagnosticadas.


Se analizamos este indicador desde unha perspectiva mensual  vemos como a súa media móbil a 30 días disparouse ao rebufo de a terceira onda, probablemente debido á maior virulencia e letalidade da cepa británica, rozando o 4%. Con todo, a letalidade foi baixando desde entón, situándose a media móbil a 30 días no 2,2%.


25Ldi  i taxa de letalidade do coronavirus en galicia i



Unha hipótese desta melloría pode ter coas vacinas. Hai que lembrar que as persoas que viven en residencia representaban máis do 40% de falecementos e, desde que se completou a vacinación destes centros, só hai noticias de dous falecementos de anciáns nunha residencia de Silleda, a pesar de que aínda houbo ducias de contagios entre residentes vacinados.


Outra proba máis de que as vacinas funcionan, están a ofrecer unha protección contra o falecemento próxima ao 100%, mesmo en persoas moi maiores que viven en residencia.  De feito, Galicia encadea dúas xornadas seguidas sen decesos e no últimos tres días só morreu unha persoa con coronavirus.  O país non encadeaba dous días sen mortes desde o 18 de agosto. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A cantidade de infectados sobe por cuarto día consecutivo, o que confirma o cambio de tendencia. A alza hoxe é moi pequena, a penas un incremento do 0,5%. En termos absolutos isto significa 11 infectados máis, o que eleva o total ata 2.316 casos activos, a peor cifra do que levamos de mes.



Se nos fixamos na media móbil a sete días, que é o indicador máis significativo, apréciase facilmente o cambio de tendencia. Desde un punto de vista semanal, os novos contagios empezaron a ser máis que as altas hai tres días. Con todo, o feito que hoxe a media se estanque no +0,9% reforza que o espertar desta onda non sexa tan virulento como en anteriores ocasións.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras á nosa disposición, podemos concluír que:

  • A pandemia está nunha fase de crecemento en Galicia, produto en gran medida da maior mobilidade en Semana Santa. 
  • Ese crecemento por agora é leve e os datos de hoxe achegan esperanzas de que se poida paliar pronto. Con todo, o covid-19 demostrou en anteriores ocasións que lle bastan unhas poucas xornadas de aceleración para poñerse nuns niveis nos que o SERGAS xa non pode seguirlle a pista e o único modo de paralo é endurecendo as restricións.
  • Os datos do final desta semana serán  moi importantes. Se o SERGAS logra delimitar e perimetrar os focos produtos de Semana Santa, en teoría non hai factores que impidan volver á calma anterior. Ata o mércores, aproximadamente, coñeceremos os contagios ocorridos durante os festivos da recta final de Semana Santa.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Vigo e Pontevedra son os distritos sanitarios que peor están a evolucionar nas últimas xornadas. Pontevedra é, en función ao seu tamaño, a área que peores cifras de positivos presenta hoxe, 22 novos casos, aínda que en termos absolutos A Coruña reporte máis diagnósticos, 32.






A Coruña é tamén o distrito con máis casos activos, única área sanitaria por encima dos 600 tras unha leve melloría hoxe no distrito de Vigo. Situación que contrasta coa de Ferrol, onde só quedan 76 infectados e xa non hai ningún enfermo crítico. Máis datos a nivel de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE