Oposicións da Xunta para auxuliar da Policía Local: máis de 100 novas prazas para 27 concellos​

O proceso será por quenda libre e permitirá aos aspirantes ser contratados en réxime laboral temporal ou entrar en listas de espera

A Xunta convoca oposicións para cubrir máis de 100 de prazas de auxiliar de policía local en 27 concellos 



|

A Xunta anunciou este xoves a apertura do proceso selectivo para opositar ás 104 prazas dispostas para o posto de auxiliar de policía local. 


Preto dunha trintena de municipios galegos beneficiaranse destas oposicións que chegan nun momento no que o corpo necesita dun importante reforzo de efectivos. 


Arquivo - Axentes da Policía Local de Xinzo de Limia e veciños na praza Maior adornada co Policía Local de Galicia | Foto: EP


A Xunta de Galicia abriu este xoves o proceso selectivo para cubrir 104 prazas de auxiliares de policía local en 27 concellos galegos, tal e como publicou a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

A orde do DOG recolle as bases reguladoras do procedemento, que será de oposición por quenda libre e permitirá, aos que a superen, ser contratados en réxime laboral temporal nalgún dos municipios que convocaron prazas ou formar parte da lista de reserva.

Os aspirantes deben ter cumpridos os 18 anos e posuír un título de graduado en educación secundaria ou equivalente. Outro dos requisitos é ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes, e 1,60 metros para as mulleres.

Segundo informou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nun comunicado, para superar o proceso selectivo, será necesario realizar probas de aptitude física e contestar un cuestionario tipo test, ademais de acreditar o seu coñecemento de galego.

Ademais, tanto os aspirantes aprobados como os incluídos na lista de reserva, deberán superar un curso de formación teórico-práctica en a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), "requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de policía local".

Os concellos que convocaron prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambados, Cangas, O Carballiño, Cedeira, Fene, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Miño, Mugardos, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ortigueira, Poio, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

O prazo de presentación de solicitudes, que se enviarán preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), será de dez días hábiles.

A relación de persoas incluídas e excluídas publicarase no DOG, e na páxina web da Agasp, as datas de celebración das probas selectivas e restantes comunicacións sobre os procesos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE