​Balaídos queda sen opcións de ver de novo a Emre Mor co Celta

O xogador, que ten que pasar por quirófano, sairá moi probablemente este verán.


|

O xogador, que ten que pasar por quirófano, sairá moi probablemente este verán.


Emre mor


Emre Mor | Foto: RC Celta


Este tampouco será o ano de Emre Mor. Como o anterior, ou o anterior a ese, ou o primeiro que pasou en Vigo. O turco, o maior desembolso na historia do Celta de Vigo, ten todas as papeletas para non volver vestirse de curto este ano e é moi posible que xa nunca máis se enfunde a zamarra do club celeste, vistos os plans que teñen tanto o club como o xogador.


O centrocampista, que lembremos ten só 23 anos, pasará polo quirófano para superar os problemas de pubalxia que arrastra e que o levaron a tentar recuperarse en Dubai, onde aparentemente gozo máis dos praceres da vida que dun correcto proceso de rehabilitación. Agora, a piques de pasar polo bisturí, todo fai pensar que o seu regreso ao rodo non se produza no mes e medio de competición que queda por diante, e máis teniendo en cuenta o comprometida que é unha lesión destas características.


En Vigo hai tempo que tiraron a toalla co otomán, que nunca rendeu nin a unha décima parte do nivel esperado. Nos seus primeiros cursos deixou escintileos pero a súa falta de constancia desquició a todos os adestradores que pasaron por Balaídos. Este ano, despois de dúas cesións nunha mesma tempada a Galatasaray e Olympiacos, parecía entrar en dinámica. Participou en sete do primeiros oito partidos, pero as lesións cortáronlle as ás xusto antes da chegada de Coudet, que con todo apostou por el sempre que o tivo dispoñible e ofreceu bo rendemento.


O seu último concurso foi en xaneiro, no empate ante o Eibar, que posiblemente termine sendo o seu último servizo en Vigo. Medio centenar de partidos e apenas dous goles para un xogador ao que sempre lle pesou ser o máis caro da historia do club e cuxa cotización caeu en picado desde a súa presentación.


Queda un ano de contrato e é moi posible que este verán o Celta acepte calquera oferta, mesmo á baixa, con tal de librarse dun talento convertido en dor de cabeza. O pasado verán o Olympiacos rexeitou abonar os 4 millóns pactados na súa cesión e agora Turquía volve chamalo para tentar recuperar a un xogador que, con case toda seguridade, xa non se enfundará a celeste nunca máis.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE