​A Mesa entrega máis de 33.000 sinaturas no Parlamento de Galicia por unha nova canle 24 horas en galego

A iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística logra un gran respaldo que se traduce en 33.000 firmas.


|

A iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística logra un gran respaldo que se traduce en 33.000 firmas.


A plataforma levou os resultados da campaña ante o Parlamento de Galicia para apoiar a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular.


Entrega Rexistro 01 Sinaturas Xabarin

Entrega de firmas | Foto: A Mesa


A iniciativa busca a creación dunha canle de temática infantil e xuvenil cunha programación integramente en galego as 24 horas do día. Así, recuperando a figura do Xabarín, desde A Mesa tratan de que aumente a oferta en galego, especialmente aquela dirixida aos máis novos.


Para A Mesa, é fundamental contar cunha programación “atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos”.


Do mesmo xeito, a iniciativa expón que toda a programación televisiva, incluídas as plataformas e TVE, teñan versión en galego orixinal, dobrada ou subtitulada.



"A enorme cantidade de firmas recollidas a pesar das dificultades no contexto sociosanitario actual demostra que o problema da lingua galega no audiovisual e outros sectores non é de demanda senón de ausencia de oferta", denuncia Marcos Maceira, presidente da Mesa. De igual maneira, a plataforma quixo aproveitar a ocasión para agradecer a todos os establecementos, entidades sociais e voluntarios que participaron na recollida de firmas.


Apenas o 4,6% da programación semanal é de carácter xuvenil ou infantil, algo que cae ao 2,7% durante as fins de semana. “No contexto das plataformas dixitais o galego, simplemente, non existe", lamentan.


"A situación do galego non é irreversible se entre todas e todos traballamos para cambiala", recalca Maceira, aínda que subliña á súa vez que todo isto pasa “por garantir a presenza do galego en todos os espazos tamén o audiovisual que cada vez máis ocupa un espazo central no lecer da mocidade".   


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE