Crece o brote de covid en Vigo polo foco do club Mariña Cíes que, segundo o alcalde, excedeu o aforo
Caballero di que hai proposta de multa por exceso de aforo, violación da norma que o hostaleiro nega publicamente
O foco é un problema sanitario que converteu a Vigo na cidade con peores datos semanais en Galicia
O brote ten ademais un matiz político, pois Mariña Cíes é un negocio que opera en terreo público grazas a unha concesión do Concello de Vigo
CATORCE CLIENTES DA PUB DE SAMIL
Sanidade explicou que ese brote, que se iniciou ao detectarse un caso positivo dunha persoa que estivera no local (Mariña Cíes, situado no paseo de Samil), creceu ata os 21 afectados, dos que 14 son clientes do establecemento e participantes en festas que se celebraron posteriormente, mentres que o resto son contactos dos anteriores.Precisamente, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes, en resposta a preguntas dos medios sobre ese brote no restaurante-bar de copas (que funciona cunha concesión municipal) que a Policía Local tramitou varias propostas de sanción relacionadas coa normativa antiCOVID.
O CONCELLO DI QUE SI HAI MULTAS POR AFORO
Así, indicou, as propostas de multa incoáronse por cuestións relacionadas co control de aforo, pola distribución de mesas e cadeiras, por falta de certa documentación ou por non ter visible o cartel informativo coas condicións de capacidade do local. A iso sumouse un apercibimento pola actividade de música en directo, para a que non tiña permiso.O HOSTALEIRO NEGA EXCESO DE CLIENTES
Con todo, o responsable de Mariña Cíes asegurou que as persoas que se atopaban no seu negocio o pasado 27 de marzo estaban a cumprir a normativa sanitaria, usando máscara e con distancia de seguridadeAdemais, lembrou que en ningún momento superouse o aforo permitido, ao haber menos de 200 persoas (162 segundo afirmou) na terraza superior, cando a capacidade máxima atendendo ás restricións COVID é de 219.

Escribe o teu comentario