A planta galega de tecnosoles teno difícil en Río Tinto tras o rexeitamento do PP e do Concello
As Xuntas Locais do PP de Nerva, Zalamea a Real, El Campillo, Berrocal e El Madroño mostraron o seu rexeitamento a “unha pestilente planta de Tecnosuelos que a empresa Green Soil Solutions, S.L, creada hai escasamente 9 meses, quere montar na Dehesa ( Minas de Riotinto) e que o pasado día 2 de marzo saíu publicada no BOJA o trámite de información pública”, sinala o Diario de Huelva.A diferenza da comarca de Compostela, onde apoiou a reapertura da Mina de Touro, o PP é minoritario na Conca Mineira andaluza.
O proxecto dunha planta de tecnosuelos en Minas de Río Tinto está a levantar unha forte controversia en Huelva.
A iniciativa parte de Green Soil Solutions, unha nova empresa vinculada aos actuais propietarios da mina de Touro, onde precisamente xa hai unha fábrica de tecnosuelos, denominada Tratamientos Ecolóxicos do Noroeste (TEN).
A fábrica de tecnosoles estaría nas proximidades da actual mina de cobre de Río Tinto
O proxecto gañouse o rexeitamento do Partido Popular a nivel local. As Xuntas Locais do PP de Nerva, Zalamea a Real, El Campillo, Berrocal e El Madroño mostraron o seu rexeitamento a “unha pestilente planta de Tecnosuelos que a empresa Green Soil Solutions, S.L, creada hai escasamente 9 meses, quere montar na Dehesa ( Minas de Riotinto) e que o pasado día 2 de marzo saíu publicada no BOJA o trámite de información pública”, sinala o Diario de Huelva.
A diferenza da comarca de Compostela, onde apoiou a reapertura da Mina de Touro, o PP é minoritario na Conca Mineira andaluza. Con todo, o papel dos conservadores é moi relevante, pois son os que gobernan na Junta de Andalucía.
Do mesmo xeito que en Galicia, a Administración Autonómica é a encargada de aprobar ou denegar o plan. Outras forzas políticas locais, como Unidas Podemos, Equo e o PSOE mostraron as súas dúbidas e queixáronse de falta de información.
De feito, a nivel local o Concello de Minas de Río Tinto denegou a admisión a trámite do proxecto. A Administración está gobernada polo PSOE por maioría absoluta.
O plan promete a creación de 20 empregos directos nas proximidades de Río Tinto, onde Atalaia Mining opera unha gran mina de cobre ao descuberto. Atalaia Mining era o socio capitalista dos propietarios galegos do terreo para o frustrado proxecto de reactivar a extracción de cobre en Touro.
Escribe o teu comentario