Conmoción en Carnota polo falecemento dunha muller de 39 anos nunha saída de vía
Unha muller de 39 anos, con identidade M.R.D, faleceu na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Carnota.
A condutora quedou atrapada no interior de vehículo e as asistencias nada puideron facer por salvarlle a vida.
O suceso ocorreu durante o mediodía do Venres Santo no quilómetro 18 da AC-550, que conecta Muros con Carnota.
Ambulancia da 061 | Foto: EP
Unha muller de 39 anos, con identidade M.R.D, faleceu na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Carnota.
Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, o accidente tivo lugar sobre as 14,28 horas no quilómetro 18 da AC-550, estrada que une Muros e Carnota.
Ao saírse da vía, a muller quedou atrapada no vehículo polo que tivo que ser excarcerada por os bombeiros de Cee.
Aínda que persoal sanitario do PAC de Muros acudiu ao momento, debido ao impacto, a muller faleceu no punto. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil, a Policía Local de Carnota e o Grupo Supramunicipal de Emerxencias de Muros.
Escribe o teu comentario