En busca e captura o 'Rambo galego', un asasino que estaba preso no cárcere de Monterroso
Alfredo Sánchez Chacón, coñecido como o 'Rambo galego' e con diversos antecedentes delituosos, non regresou á prisión de Monterroso (Lugo) tras un permiso penal.
O ex-lexionario Sánchez Chacón é coñecido polos seus intentos de fugas e por ser capaz de ocultarse no monte
Alfredo Sánchez Chacón, coñecido como o 'Rambo galego' e con diversos antecedentes delituosos, non regresou á prisión de Monterroso (Lugo) tras un permiso penal.
Así o precisaron fontes penais consultadas por Europa Press que confirmaron o quebrantamento do permiso que tiña e polo que debía volver a prisión.
Con anterioridade a esta, xa protagonizou outras fugas, escondéndose en montes, dentro dun historial delituoso cunha condena, en 2002, pola morte dun mozo en Cuntis (Pontevedra).
Escribe o teu comentario