A Garda Civil trata de identificar os autores do tiroteo en Vilanova de Arousa, que se saldou sen feridos
A Garda Civil investiga un tiroteo rexistrado na noite do pasado domingo no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, no que non houbo persoas feridas.
Os feitos sucederon na noite do domingo, pasado o toque de queda, contra "unha vivenda" no municipio arousán.
De momento non hai detidos e a Garda Civil prosegue coas pescudas para esclarecer o ocorrido.
Guardia Civil | Foto: EP
A Garda Civil investiga un tiroteo rexistrado na noite do pasado domingo no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, no que non houbo persoas feridas.
Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que relataron que sobre as 22,40 horas deste pasado domingo o Instituto Armado tivo coñecemento deste tiroteo.
As mesmas fontes comentaron que este tiroteo sen feridos tivo lugar de noite nunha rúa da localidade de Vilanova de Arousa "cara a unha vivenda".
Polo momento, as mesmas fontes resaltaron que non hai detidos ata a data por estes feitos e mantense unha investigación aberta para esclarecer o sucedido.
Escribe o teu comentario