PortAmérica cancela a súa edición de 2021 pero traballa para celebrarse antes do verán de 2022

"Non puido ser en 2020, nin tampouco o será en 2021", con esta frase arrinca o comunicado co que a organización do PortAmérica anuncia que este ano non haberá festival, e empraza ao seu público para a edición 2022.

|

Un dos grandes festivais galegos abandona o proxecto de realizarse este estío, ante as dúbidas de cando se alcanzará a inmunidade de grupo, que o SERGAS estima pode chegar en agosto


Esmerarte, a produtora organizadora, explica que "estamos a traballar nunha programación adaptada ás circunstancias que, de ser posible, terá lugar unha vez pasado o verán e axuntará, como non, música, gastronomía e natureza".


"Non puido ser en 2020, nin tampouco o será en 2021", con esta frase arrinca o comunicado co que a organización do PortAmérica anuncia que este ano non haberá festival, e empraza ao seu público para a edición 2022.


Festival de PortAmérica de Guía Repsol

A gastronomía ocupa un lugar destacado en Portamérica


O motivo, como o foi en 2020, é a situación sanitaria e as posibilidades para levar adiante un evento deste tipo. "Non queremos un festival no que o noso público non viva unha experiencia plena, non ten sentido. Queremos ofrecer o maior grao de satisfacción, e nestes tempos seguen sen darse as condicións para garantilo", explica a compañía Esmerarte nun comunicado.




Por iso, empraza ao público á edición 2022, advertindo de que, "se a evolución da pandemia é favorable", é "moi probable" que se celebre antes.


"Estamos a traballar nunha programación adaptada ás circunstancias que, de ser posible, terá lugar unha vez pasado o verán e axuntará, como non, música, gastronomía e natureza", destacan. Inicialmente, estaba previsto que o festival tivese lugar no mes de xullo na Carballeira de Caldas de Reis.

As entradas xa adquiridas seguen sendo válidas para a edición 2022, aínda que, quen o desexe, pode pedir o reembolso entre o 26 de abril e ata o 24 de maio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE