O "rechamante cheiro" desvela unha nave con máis de 700 plantas de marihuana en Formantaos, Cea (Ourense)

Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Ourense e a Unidade Orgánica de Policía Xudicial (Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Garda Civil de Ourense), nunha operación conxunta, detiveron a un mozo e intevenido máis de 700 plantas de marihuana ocultas nunha nave no municipio de Cea.

|

O home detido admitiu os feitos tras presentarse os axentes no polígono onde alugara unha nave


Para evitar ser descuberto, fuchicou coa conexión eléctrica, pero non puido ou non soubo ocultar o cheiro do cánnabis


Plantación de marihuana nunha nave en CEA nunha foto da Garda Civil

Plantación de marihuana nunha nave en CEA nunha foto da Garda Civil 


Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Ourense e a Unidade Orgánica de Policía Xudicial (Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga da Garda Civil de Ourense), nunha operación conxunta, detiveron a un mozo e intervenido máis de 700 plantas de marihuana ocultas nunha nave no municipio de Cea.

VECIÑO DE VILAMARÍN
Segundo informaron a Axencia Tributaria e o Instituto Armado, detiveron o pasado 25 de marzo a M.M.R., de 26 anos de idade e veciño de Vilamarín, como presunto autor dun delito contra a saúde pública e outro delito de defraudación do fluído eléctrico.

Os investigadores detectaran que, nunha nave que fora alugada polo investigado na zona de Formantaos de Viñas, no concello de San Cristóbal de Cea, efectuouse " unha instalación eléctrica irregular deseñada, supostamente, para eludir o consumo de fluído eléctrico, percibindo ademais un rechamante e característico cheiro a cánnabis", destacaron.

CONFESIÓN E COLABORACIÓN
Unha vez localizado o arrendatario, na súa declaración voluntaria, recoñeceu ser o autor da alteración na instalación eléctrica situada na leira, modificación que, supostamente, realizaría coa finalidade de abastecer de electricidade a baixo custo á plantación 'indoor' de cánnabis que instalara na nave da leira.

No mesmo acto expresou a súa vontade de colaboración cos instrutores e manifestou estar disposto a facilitar a entrada e rexistro da nave anexa á vivenda da propiedade que tiña arrendada.

Tras inspeccionar as instalacións, acháronse no seu interior tres invernadoiros acondicionados para o cultivo dunha plantación 'indoor' de cánnabis, que albergaban 342 plantas dun tamaño entre 10 e 20 centímetros; outras 364 dun tamaño entre 1 e 1,5 metros de altura; así como útiles para o cultivo das plantas (extractores, lámpadas halóxenas, calefactores, ventiladores).

Durante o rexistro atopouse que as 706 plantas estaban sementadas en macetas de feltro e outras macetas de plástico no interior dos tres invernadoiros, dous de 50 metros cadrados cada un e un terceiro de 16 metros cadrados, que estaban provistos de lámpadas calefactoras e outros utensilios de extracción de gases para evitar cheiros.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número dous do Carballiño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE