Os mellores datos de positivos semanais desde mediados de agosto en vésperas de Semana Santa

Desde o 6 de marzo a curva de positivos semanais entrou nunha planicie con leves altibaixos, entre 34 e 31. Con todo, nas últimas xornadas baixamos outro banzo, pequeno pero visible, ata poñernos nuns 30 diagnósticos por 100.000 galegos en sete días.


|

Galicia non tivera tan poucos diagnósticos á semana desde o 14 de agosto. Abrindo o plano a dúas semanas, non tivera tan poucos desde o 19 de agosto.


Dous datos que describen a situación relativamente boa da que goza o país tras as últimas cifras, con 95 positivos. Claro que agora chega o desafío de evitar en Semana Santa o desastre que provocaron o alivio de restricións e o comportamento cidadán en Nadal.


A taxa de positividade onte situouse no 1,9%, axudando a baixar a media semanal ao 2,5%. Este indicador empezou a empeorar a principios de mes, pero o seu ritmo ascenso moderouse nos últimos días.




Con todo, o 2,5% de positividade nas PCRs non é un dato preocupante. Todo o que sexa unha taxa de positividade por baixo do 4% sitúa a Galicia no mellor nivel dos posibles no semáforo de alertas estatal. A OMS indica que o 5% é o mínimo para estimar que un foco pode estar controlado.


A melloría prosegue nos hospitais. Quedan 178 enfermos en planta. É a mellor cifra desde o 10 de agosto. Enfermos críticos quedan 36. 


VARIACIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS


Canto máis se achegue a porcentaxe de cambio diario a cero, máis preto estará o momento no que a caída de casos activos terminará e o SERGAS terá que empezar a lidar outra vez con cada vez máis enfermos. A media semanal foise aproximando a cero nas últimas semanas, pero, afortunadamente, nos últimos días, esta aproximación freouse de maneira visible.




A cantidade de infectados cae hoxe un -1,5%. Isto axuda a que a media semanal mellore do -0,8% ao -1%. Pode parecer unha diferenza peque´ña, e o é, pero é relevante no sentido que indica que o día do punto inflexión, o día cando volvamos ter máis e máis casos activos cada xornada, afástase un pouco. A experiencia dinos que, lamentablemente, ese día chegará, é inevitable ata que alcancemos a inmunidade de grupo. A cuestión é cando e con que virulencia. Canto máis tarde, mellor.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas gráficas para analizar, podemos inferir que:


  • A retirada da terceira onda concluíu a principio de mes. Afortunadamente, o alivio das restricións contribuíu a parar o descenso de positivos, pero por agora non a provocar un repunte, como noutras autonomías e estados.
  • Desde o 6 de marzo a curva de positivos semanais entrou nunha planicie con leves altibaixos, entre 34 e 31. Con todo, nas últimas xornadas baixamos outro banzo, pequeno pero visible, ata poñernos nuns 30 diagnósticos por 100.000 galegos en sete días.
  • Galicia non gozaba de tan bos datos desde mediados de agosto. De feito, é posible que os niveis de virus agora sexan menores aos de entón. Agora estanse facendo de media de 4.500 test, a mediados de agosto pouco máis de 2.000 ao día.
  • O único indicador que está en malos niveis respecto a outras fases da pandemia é a taxa de letalidade. A cepa británica, dominante no país, está a demostrar ser máis mortal. Só se así explica que a taxa de letalidade nos últimos 30 días sexa superior ao 3,2%, cando en toda a pandemia a media é do 2%, e agora hai mellores tratamentos, máis coñecemento médico e os anciáns das residencias están todos vacinados.



DBPGE  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (4)



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol conseguen hoxe non sumar máis de 10 positivos.  As áreas máis poboadas, Vigo e A Coruña, son as que achegan máis diagnósticos, pero as súas cifras, 21 e 32 respectivamente, son menores que as súas respectivas medias semanais. 



Hoxe non hai ningún distrito sanitario no que suba a cantidade de casos activos, salvo Santiago. A subida en Compostela, en todo caso, é mínima, un só infectado máis que onte. En xeral todas as áreas están estables, unicamente A Coruña mantén unha relevante tendencia á baixa, con -27 casos activos hoxe.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE