VÍDEO | O Dépor entrega a Copa con honras levando ao Atleti contra as cordas (0-1)

Un gol de Griezmann á hora de xogo cun maxistral tiro libre basta para superar a un combativo Deportivo da Coruña.


|

Copa del rey atleti
Foto: Atlético de Madrid

 

"Se hai que perder, que sexa sempre así", deben de pensar moitos afeccionados branquiazuis este martes de regreso a casa tras vivir en Riazor unha desas noites grandes que facía moito moito tempo que non tiñan lugar na Coruña. O Deportivo da Coruña recibía en casa a un xigante como o Atlético de Madrid, que sabía que se metía na boca do lobo aínda que se atope unha categoría por encima do Dépor, que vendeu moi caro o pase a cuartos de final dunha Copa do Rei que deixa un bo sabor de boca entre os incondicionais herculinos. 

 

UN DÍA PARA GOZAR

E iso que Antonio Hidalgo tomouse a Copa como o que debe ser para o Dépor: un goce, non unha obrigación. A papeleta no torneo do K.O. estaba máis que cuberta coa vitoria ante o RCD Mallorca, despexando vellas pantasmas que aínda merodeaban por Riazor. Estar en oitavos era un premio para a cidade e xogar contra o Atleti un premio para xogadores que aínda non gozaron da elite. 

 

 

Noubi, Xurado, Patiño ou Cristian Herrera, algúns dos menos habituais con Hidalgo, foron parte do equipo inicial en detrimento de intocables como Yeremay, Loureiro ou Luismi Cruz. Tamén volveu á portaría Germán Carreño, ao que non lle pesou a chegada de Álvaro Fernández. O Cholo, en cambio, gardouse pouco ou nada, con xogadores da talla de Julian Álvarez, Gio Simeone, Baena ou Llorente e cos únicos cambios de Musso por Oblak ou Cardoso por Barrios. 

 

O Atleti quixo resolver o choque pola vía do cloroformo, pero na meta deportivista aguantaron os arreones colchoneiros nun primeiro tempo onde os da capital foron mellores. Parreño, sempre atento a remátelos de 'A Araña' ou 'O Principiño' mantivo con opcións aos seus nos primeiros 45 minutos, grazas tamén á madeira que cuspiu os disparos de Ruggeri primeiro e Griezmann despois. Un remate centrado de Zakaria foi do pouco que se pode rescatar do Dépor arriba, que non estivo tan fino en labores ofensivos como no xogo defensivo. 

 

Imaxe
Foto: RC Deportivo

 

Ao descanso a xente comezou a crer que a machada na segunda parte era posible, sobre todo cun disparo de Herrera que a punto estivo de sorprender a Musso nada máis renovar o xogo, pero Antoine, que como o bo viño francés non perde calidade cos anos, deixou a imaxe do partido ao botar maxistralmente unha falta na frontal da área que se coou pola escuadra dun Germán Parreño que pouco máis puido facer que a estatua. 

 

 

O 0-1 establecido á hora de xogo non se moveu do luminoso, aínda que o Dépor tentouno de moitas formas, chegando a encerrar a un Atleti que, de novo, volveu acazaparse en campo propio esperando unha oportunidade para finiquitar o duelo á contra. Mulattieri e Altimira, con remates que se marcharon fóra, chamaron á sorte, pero o gol non se presentou hoxe en Riazor, que despediu aos seus futbolistas entre aplausos por dar a cara nunha noite copeira como facía tempo que non se vivía na cidade. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE