(VÍDEO) O ecoturismo das Rías Baixas ten premio: 'Segue ou teu instinto', gañador en 'The Golden City Gate'

O audiovisual 'Segue ou teu instinto' foi elixido polo xurado internacional dos premios 'The Golden City Gate' como "un dos mellores vídeos de ecoturismo do mundo", segundo traslada a Deputación de Pontevedra.

|

A peza, baixo a produción de Esmerarte para a Deputación de Pontevedra e a promoción da marca Rías Baixas como turismo de calidade, alzouse cun galardón na cerimonia berlinesa 'The Golden City Gate'.


O audiovisual impúxose a máis dun centenar propostas procedentes de 23 países avaliadas polo xurado internacional do certame.




O audiovisual 'Segue ou teu instinto' foi elixido polo xurado internacional dos premios 'The Golden City Gate' como "un dos mellores vídeos de ecoturismo do mundo", segundo traslada a Deputación de Pontevedra.


A peza, producida por 'Esmerarte' e protagonizada por Celia Freixeiro, foi utilizada pola Deputación para promover o destino da provincia durante o ano 2020 e aborda aspectos relacionados coa natureza, o benestar ou a sustentabilidade.



O audiovisual competiu no certame xunto a outras 122 propostas de 23 países que foron avaliadas polo xurado internacional do certame, que entrega estes premios en Berlín desde hai 21 anos.


Entre as cuestións valoradas, o xurado destacou a realización audiovisual e acústica, os efectos emocionais, a narrativa ou o deseño creativo.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE