Yolanda Díaz vicepresidenta do Goberno e probable cabeza electoral de Unidas Podemos
A ferrolá non só asume o liderado de Unidas Podemos, tamén se converte na vicepresidenta segunda do Goberno de España, tras a marcha de Pablo Iglesias á política madrileña.
O líder de Podemos, Pablo Iglesias, cederá o liderado da confluencia á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen asumirá tamén o cargo de vicepresidenta segunda, unha vez que confirmou que concorrerá como candidato ás eleccións da Comunidad de Madrid.
Díaz, no seu día militante de Esquerda Unida, destacou ata o de agora polo seu labor á fronte do Ministerio de Traballo, logrando, entre outros fitos, a subida do Salario Mínimo Interprofesional ou os acordos alcanzados polos ERTES durante a pandemia.
O líder de Podemos, Pablo Iglesias, cederá o liderado de Unidas Podemos á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen asumirá tamén o cargo de vicepresidenta segunda, unha vez que confirmou que concorrerá como candidato ás eleccións da Comunidad de Madrid.
Concretamente, Iglesias transmitiu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa intención de deixar o seu cargo de ministro de Dereitos Sociais ao final da campaña, cargo que ostentará a secretaria de Estado Ione Belarra.
Nun vídeo dirixido á militancia, Iglesias sinalou que chegou o momento de tomar decisións valentes ante o momento político e cre que "a xente de Podemos" e de esquerda desexa que sexa a candidata ás próximas eleccións xerais.
Por tanto, comunicou que é momento de deixar paso a novos liderados en Podemos e, en consecuencia, dá o paso de concorrer ás eleccións rexionais en Madrid para frear o avance da ultradereita.
Díaz, que mantén por agora a súa axenda como Ministra de Traballo, non se pronunciou por agora.
Yolanda Díaz | Foto: EP
Escribe o teu comentario