Terremoto en Riós de magnitude 1,8 que precede aos dous sismos en Folgoso do Courel do domingo
A actividade sismica en Galicia fíxose moi presente en Ourense e Lugo despois de varios tremores de terra.
O último é de magnitude 1,8 en Riós, que a pesar de non ser significativamente importante, evidencia que a actividade sismica non se detivo tras o tremor de 3,4 graos en Folgoso do Courel.
Epicentro do seismo | Foto: EP
O municipio ourensán de Riós rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 na mañá deste luns, despois dos dous que tiveron lugar este domingo en Folgoso do Courel (Lugo).
Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 8,18 horas deste luns tivo lugar un sismo de magnitude 1,8 con epicentro a un quilómetro de profundidade en Riós.
Na xornada do domingo, no municipio de Folgoso do Courel, situado a uns 110 quilómetros de Riós, rexistráronse cuns minutos de diferenza na mañá deste domingo dous sismos.
O primeiro deles tivo lugar ás 8,44 horas deste domingo 14 de marzo ás 8,44 horas cunha magnitude de 3,4; mentres que o outro sucedeu ás 8,47 horas con magnitude 2,5.
Pola súa banda, na noite do pasado venres, 12 de marzo, rexistrouse outro terremoto na provincia de Ourense, no municipio de Boborás, de magnitude 2,6.
Escribe o teu comentario