A Policía detén 3 persoas e rexistra o Colexio de Enfermería en Vigo tras polémicas entre dous directivos

O Corpo Nacional de Policía iniciou este xoves un rexistro no Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, situado na rúa Aragón, na cidade de Vigo.

|

O motivo da operación policial é secreto, pero hai que ter en conta que secretario e presidente levan meses cruzándose acusacións en público e hai condenas pola falta de pagamento de cotas


O Corpo Nacional de Policía iniciou este xoves un rexistro no Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, situado na rúa Aragón, na cidade de Vigo.


Segundo informacións de última hora, foron detidos o presidente Carlos Fernández, a súa muller e a súa filla.



Carlos Fernu00e1ndez do Colexio de Enfermeru00eda de Pontevedra da Xunta

Carlos Fernández do Colexio de Enfermería de Pontevedra nunha foto da Xunta

 

Fuentes da investigación explicaron que están a intervirse documentos e ordenadores, entre outros efectos. Así, espérase que o operativo policial continúe polo menos unha hora máis.

Pola súa banda, fontes policiais trasladaron que esta operación forma parte dunha investigación levada a cabo por un xulgado da Coruña, no marco dunha causa que foi declarada secreta.


Segundo informa o TSXG,  a causa lévaa o xulgado de instrución número 2 de Vigo  por unha causa declarada secreta. 


Con todo, hai que ter en conta as dúas condenas ao Colexio de Enfermería de Pontevedra ao pago de cotas ao Consello Xeral de Enfermería de España enfrontan ao secretario e ao presidente da primeira das entidades.


Un asunto que enfronta a o secretario do Colexio de Enfermería de Pontevedra, José Faustino Portela, co detido presidente, Carlos Fernández,  ambos con décadas á fronte da institución. Portela tamén informou recentemente sobre a renuncia de cinco membros da directiva de Fernández.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE