Denuncian os “despedimentos infames” a máis dunha ducia de empregados de Atento, servizo técnico de Movistar

A Confederación Xeral do Traballo (CXT) denuncia o despedimento de catorce empregado no servizo de atención a clientes de Movistar, a subcontrata Atento.


|

A Confederación Xeral do Traballo (CXT) denuncia o despedimento de catorce empregado no servizo de atención a clientes de Movistar, a subcontrata Atento.


Desde o sindicato denuncian que tanto a empresa de telefonía como Atento “aproveitan a laxitud das leis laborais que avalan a destrución premeditada de emprego” e precarizar o sector.


PROTESTA OPERADORAS ATENTO CIG CXT

Protesta traballadores de Atento | Foto: CXT


O servizo de atención a clientes de Movistar “ conta desde esta semana con catorce traballadoras e traballadores menos”, denuncia o organismo sindical. CXT critica os despedimentos realizados na Coruña, Bilbao e Lleida e que provoca que as familias afectadas teñan aínda máis difícil “ saír adiante en tempos de crise sanitaria, económica e social”.


“Tras o esforzo das e os traballadores en adaptarnos ao traballo a distancia, poñendo nosos propios medios e sen recibir compensación económica algunha polos gastos derivados, Movistar e Atento págannos co seu desprezo aproveitando a laxitud das leis laborais, que avalan a destrución premeditada de emprego", critican. Nesa liña, tachan os despedimentos de realizarse “sen causa”.


Atento, coa complicidade necesaria de Movistar, desfaise das traballadoras sen tan sequera disfrazar os seus embustes. A totalidade dos despedimentos é unha farsa de mentiras alegando un falso baixo rendemento ou a transgresión da boa fe contractual”, replican desde CXT, que enumera varios casos, entre eles o dunha traballadora ao que a empresa acusaba de “ excederse no seu tempo de descanso durante un período de dez xornadas”. O sindicato sostén que só traballou na metade delas.


O sindicato incide en que a liña seguida por Atento nos últimos tempos busca “precarizar aínda máis o lucrativo negocio dos centros de chamadas, destruíndo postos de traballo necesarios -cando lles interesa, ata esenciais- para crear outros aínda máis empobrecidos e con menos dereitos laborais, a través de ETTs”. 


Por todo isto, en CXT traballan para celebrar mobilizacións contra os despedimentos e tratar así de poñer “freo aos abusos empresariais e á cobiza de Movistar e Atento”.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE