O Concello de Castroverde contrario a prohibir a plantación de eucaliptos e tacha de "chafalleiro" ao conselleiro de Medio Rural
O rexedor socialista criticou a prohibición de novas plantacioles de eucaliptos e solicitou a dimisión do conselleiro de Medio Rural.
Para José María Arias os eucaliptales son "un medio de vida": "Non pode ser é que haxa zonas masificadas cun 90 por cento de eucaliptos e agora veñan a Castroverde a prohibilos".
José María Arias, á esquerda con chaleco | Foto: Xunta.gal
O alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, ameazou con "levar aos tribunais" ao conselleiro de Medio Rural, José González, e reclamou a súa "dimisión" por non permitir a plantación de eucaliptos neste municipio.
Arias afirma que o goberno local defende a plantación "porque é tamén un medio de vida para calquera" e asegura que o Plan Xeral de Ordenación Municipal permíteo nalgunhas zonas.
O alcalde censurou a actitude da Xunta pero criticou especialmente ao conselleiro do ramo e ao propio Alberto Núñez Feijóo, por fomentar "desordenación do territorio no rural, no campo, no monte e no agro e suma e segue".
O rexedor criticou a González pola súa recente visita a Baralla e a dicir que fará "unha moratoria de dous meses para que todo o mundo ande co 'sacho' plantando eucaliptos onde non pode". "Non pode ser é que haxa zonas masificadas cun 90 por cento de eucaliptos e agora veñan a Castroverde a prohibilos", censurou.
Neste sentido apostou por poñer "unha taxa en toda Galicia para protexer as carballeiras", en lugar de anunciar que se denunciará cando se vexa a alguén plantar.
"Isto é como o garda de tráfico que che di que se lle vemos beber collémoslle e senón non". "Este é un político chafalleiro. Se vémosvos plantando temos que sancionarvos, vén dicir (José González) e senón non, isto é unha broma", lamentou.
Escribe o teu comentario