​A CRTVG “vulnera o dereito á liberdade sindical” e á proporcionalidade, denuncia CUT ante o TSXG

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) vén de rexistrar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha “demanda de conflito colectivo por tutela de dereitos fundamentais contra a Corporación de Radio Televisión de Galicia”.


|

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) vén de rexistrar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha “demanda de conflito colectivo por tutela de dereitos fundamentais contra a Corporación de Radio Televisión de Galicia”.


Segundo CUT, a última redución aplicada pola dirección de recursos humanos do sistema de crédito sindical supón unha vulneración contra a liberdade sindical.


Protesta crtvg cut

Manifestación dos traballadores da CRTVG | Foto: CUT


Para o parecer do organismo sindical, esta medida debe declararse nula “ ao tratarse dunha limitación que opera unicamente como represalia para silenciar a actividade despregada por esta central que ostenta desde o ano 2011 a representación maioritaria dos traballadores e traballadoras da radiotelevisión pública do país”.


CUT denuncian que a medida supón unha reduccíon do crédito horario da CUT de 2.200 horas anuais, próxima ao 30%, moi superior ao recorte que sofren os demais sindicatos -menos do 3%, segundo o testemuño da CUT-, e moi afastado do incremento de 440 horas/ano dun sindicato. Por todo isto, desde CUT instanan ao TSXG a que condene á empresa “ao pago de 100.000 euros polos danos e prexuízos ocasionados”.


Esta nova repartición desatende o principio de proporcionalidade e representatividade”, reprocha a CUT, á vez que manifesta que esta manobra sindical unicamente busca danar á organización e que se trata dunha decisión “arbitraria, inadecuada, irrazonable e afastada do principio de proporcionalidade”.



Na mesma liña, sinalan que a intención da CRTVG é, “de maneira perversa”, “concitar o acordo do resto dos sindicatos a través de premialos ou sobrerrepresentarlos”.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE