Covid por concellos: A Coruña mellora pero segue en risco extremo; ningunha área supera os 30 novos positivos

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. A gran noticia desta xornada lánzaa o conxunto das áreas sanitarias, xa que ningunha sumou máis de 27 contagios en 24 horas.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. A gran noticia desta xornada lánzaa o conxunto das áreas sanitarias, xa que ningunha sumou máis de 27 contagios en 24 horas.

Das sete cidades só A Coruña atopa en risco extremo, aínda que na última semana rebaixou considerablemente os seus datos. 



Cada vez son menos as localidades que atópanse no nivel de alerta extrema, o que significa rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Destes, só a cidade herculina conta cunha incidencia acumulada a 14 días de entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantesLugoFerrol Pontevedra permanecen en vermello, pero cunha incidencia de entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes. En cambio, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense teñen unha incidencia a dúas semanas de entre 50 e 150 casos por cada 100.000 habitantes.  


Nas cidades, a herculina é a que ofrece unha maior variación nas últimas 24 horas, con 59 casos menos, seguida de Vigo, con 24 menos. As demais cidades, aínda que todas elas decrecen, sofren variacións menos pronunciadas: Ferrol dez menos desde onte, Santiago e Lugo sete menos, Ourense só seis e Pontevedra apenas cinco. 


Concello a concello, a melloría no conxunto de Galicia provoca que cada vez se aprecien menos cambios de gran magnitude. Só Carballo e Guitiriz, dous municipios que experimentaron unha gran subida en febreiro, anotan descensos vertixinosos, con 18 e once casos menos, respectivamente. Oleiros (-10), Cambados (-6) ou Narón (-6) tamén restan casos activos.


Doutra banda, tampouco se rexistraron grandes subidas máis aló de catro casos máis en Marín e tres máis en Monforte de Lemos e Sanxenxo.


CIFRAS POR ÁREAS

As áreas sanitarias hoxe non ofrecen grandes descensos, pero o número de contagios é realmente alentador. En A Coruña, a área máis afectada nestes momentos, só detectáronse 17 novos positivos, o que se traduce nunha porcentaxe de positividade nas probas PCR do 0,4%, seguida de Ferrol, que conta cunha positividade do 0,7% tras rexistraron sete contagios. En 24 horas a área coruñesa perdeu 99 casos activos, por 32 da ferrolá.


Pontevedra, con 27 novos positivos, e Vigo, con 20, son as que detectaron máis casos. Con todo, as súas porcentaxes de positividade, aínda que son os máis altos de Galicia, atópanse por baixo do 5% que marca a OMS: 4,9% a pontevedresa, que perdeu 30 casos activos; 4,4% a viguesa, que perdeu 56 casos activos.  


Lugo, Santiago e Ourense non superan a ducia de novos casos: doce na lucense, once na compostelá e sete na auriense, con positividades do 2,2%, o 1,7% e o 1,9% respectivamente. No referido aos descensos, a área da cidade amurallada só perdeu once casos activos, mentres que a área da capital fixo o propio con 19 casos menos e a ourensá con 31 menos. 


 

Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este luns 1 de marzo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.900, dos cales 1.711 son da área da Coruña, 500 de Lugo, 291 de Ourense, 753 de Pontevedra, 871 da área de Vigo, 512 de Santiago e 621 de Ferrol. 


6EtUj coronavirus por concellos de galicia marzo br



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE