Covid por concellos: Vigo e Pontevedra, únicas cidades que crecen; Guitiriz e Carballo evolucionan favorablemente

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. Todas as áreas volven perder casos activos nun día no que apenas hai saltos, pero no que Vigo e Pontevedra ven truncada a súa evolución.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. Todas as áreas volven perder casos activos nun día no que apenas hai saltos, pero no que Vigo e Pontevedra ven truncada a súa evolución. 


Das sete cidades só A Coruña atopa en risco alto, aínda que na última semana rebaixou considerablemente os seus datos. 





Cada vez son menos as localidades que atópanse no nivel de alerta extrema, o que significa rexistrar unha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Destes, só a cidade herculina conta cunha incidencia acumulada a 14 días de entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. LugoFerrol e Pontevedra permanecen en vermello, pero cunha incidencia de entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes. En cambio, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense  teñen unha incidencia a dúas semanas de entre 50 e 150 casos por cada 100.000 habitantes.  


Por cidades, Ferrol e Lugo lideran hoxe a desescalada con 17 casos menos, o que representa á súa vez o maior descenso municipal a nivel galego. Séguelle Ourense, cunha decena de casos menos. A Coruña, con catro menos, e Santiago, con tres menos, tamén perden casos, pero de forma menos significativa.


En cambio, Vigo e Pontevedra, esta última como xa viña facendo, repuntan cunha variación de dous casos máis con respecto a onte. Vigo non experimentaba repuntes desde o 2 de febreiro, mentres que Pontevedra deu saltos na última semana sen conseguir rebaixar os 150 casos activos. A pesar de todo, estes repuntes non parecen o suficientemente sólidos como para apuntar a unha nova escalada. 



Concello a concello, Carballo, con quince casos menos, e Guitiriz, con catorce, evidencian a súa constante melloría. Guitiriz mantén unha incidencia acumulada superior ao medio milleiro de casos por cada 100.000 habitantes, pero Carballo xa se atopa no nivel inferior, entre 250 e 500 casos na incidencia acumulada a 14 días. Marín (-9), Culleredo (-8), Cambre (-8), Arzúa (-7) e Narón (-5) rexistran tamén descensos importantes esta xornada. Só Ponte Caldelas, cunha variación de seis casos máis en 24 horas, destaca de forma significativa no apartado de repuntes. 


ÁREAS SANITARIAS

Por áreas, A Coruña segue sendo a máis afectada, pero tamén a que ofrece a maior caída con 129 casos menos desde onte, unha xornada na que detectou menos dun centenar de novos positivos nos seus test: 98. Con todo, a positividade foi do 8,7%. Só Pontevedra, cunha positividade do 7,8%, compite coa área coruñesa neste apartado, aínda que só detectou 41 novos positivos e o seu decenso foi de 42 casos nun só día. 


Vigo e Santiago comparten caída ao rebaixar os seus algarismos en 49 casos menos cada un. Con todo, mentres que a área olívica anotou 48 novos positivos, a área da capital computou apenas once. A positividade tamén difire: 6,9% na primeira; 2,2% na segunda.


Lugo, Ourense e Ferrol tamén contan con positividades inferiores ao 5% que marca a OMS: 2,2%, 2,1% e 1,7% respectivamente. Nesa liña, os test da área lucense detectaron só 22 novos positivos, polos once da auriense e os trece da departamental. En canto aos descensos, a área da cidade amurallada perdeu 40 casos, a área ferrolá 44 e a área ourensá apenas unha vintena. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 27 de febreiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.900, dos cales 1.890 son da área da Coruña, 591 de Lugo, 366 de Ourense, 842 de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 645 de Santiago e 621 de Ferrol. 


OyNYV coronavirus por concellos de galicia copy



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE