​O pleno do Concello de Santiago rexeita a moción de Compostela Aberta sobre a xestión da auga

Este xoves votouse no pleno do concello de Santiago a proposta “populista” de Compostela Aberta sobre a renovación do servizo da xestión da auga, na votación final desestimáronse por maioría as súas pretensións.


|

Este xoves votouse no pleno do concello de Santiago a proposta “populista” de Compostela Aberta sobre a renovación do servizo da xestión da auga,  na votación final desestimáronse por maioría as súas pretensións.


Pleno

Pleno telemático celebrado onte en Santiago de Compostela con moitos dos concelleiros participando a distancia @EP


Mila Castro, concelleira socialista de Medio Ambiente, acusou durante o debate a Compostela Aberta  de acordarse deste tipo de propostas cando non se teñen responsabilidades de goberno e  criticou que presentasen esta moción “estando na oposición e non se expuxese cando gobernaba na anterior lexislatura, onde, ademais, en data 22 de abril de 2019, asinaron a primeira prórroga á actual concesionaria por un ano, é dicir, de maio do 2019 a maio de 2020" .


Castro nunha moi brillante intervención argumentou ademais “que pola importancia e complexidade da xestión do servizo calquera cambio debe estar baseado en criterios xurídicos, técnicos e económicos obxectivos”. O goberno municipal de Santiago entende que a prioridade “é lograr un servizo eficiente e sostible e non cambiar de modelo mediante unha vía inédita, nunca probada na historia da cidade e para a que non hai consenso político suficiente”.


Pola súa banda, Marta Lois desde Compostela Aberta enarborou tamén “a importancia da concesión", e onde as empresas do sector compiten para presentar a mellor oferta económica e técnica de acordo a uns criterios públicos. 


Durante a sesión a Portavoz socialista, Mila Castro, informou que “nos anos de goberno de Compostela Aberta, na lexislatura 2015-2019, non utilizaron o trámite solicitado na súa moción que agora expoñen, nin para tomar a decisión de municipalizar o servizo da ORA, anotando que este servizo contaba no 2020 cun déficit de 800.000 euros”.


Desde a Corporación defenden que coa lexislación administrativa vixente “ o concurso si forma parte das ferramentas que permiten a xestión deste servizo público, o do ciclo da auga, que é de competencia municipal e de carácter local. Ademais é un tema de especial relevancia para os intereses dos veciños e veciñas ao tratarse dun servizo público”.


Para o goberno de Santiago de Compostela o modelo de xestión do servizo de auga ten que estar baseado, “ en criterios xurídicos, técnicos e económicos obxectivos, co fin de conseguir un servizo máis eficiente e sostible." Este sistema non só débese aplicar á auga senón ao uso de calquera recurso público polo que nunca será unha decisión unilateral e sen consenso, entenden os socialistas.


A Corporación de goberno cre que esta decisión é de carácter técnico, xurídico ou económico e non pode quedar en mans dos cidadáns por descoñecemento da complexidade do servizo. Ademais alegou que “tomou, esta decisión por responsabilidade, e, por entender que mellor satisfai os intereses dos habitantes de Santiago de Compostela a decisión de continuación da actual forma de xestión, cuestión que, por outra banda, nunca decidiu Compostela Aberta cando gobernou e que ningunha decisión tomou, sendo a única que adoptou, a de prorrogar por un ano á concesionaria .” 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE