A retirada do covid próxima a estancarse en vésperas do alivio de restricións en Galicia
As últimas cifras do coronavirus en Galicia non son tan boas como as de xornadas precedentes. As medias seguen baixando pero a velocidade da súa caída hase estancado e, de feito, a curva da incidencia semanal xa é case plana.
Así, a incidencia acumulada semanal descende, pero poquísimo, de 67 a 65 diagnósticos por 100.000 galegos.
Os 260 positivos detectados onte, a peor cifra en cinco días, contribúen a esta retardación da melloría.
Un estancamento que tamén se nota na taxa de positividade, cuxa media semanal encadea tres días case sen moverse, en torno ao 3,8%. O 4,5% de onte é a peor cifra tamén desde fai cinco días.
Todo isto sucede á vez que o SERGAS segue completando cada vez menos test PCR. Onte foron uns 5.800, que axudan a afundir a media semanal a uns 6.600, cando no pico Sanidade rozou os 13.000 ao día de media.
O único indicador onde a freada da melloría aínda non é evidente aínda que si perceptible, é na incidencia acumulada a 14 días. Isto débese a que a retardación ocorre desde, aproximadamente, hai unha semana.
A incidencia acumulada bisemanal hoxe descende bastante, de 178 a 165, o mellor rexistro desde o pico da segunda onda. É probable que este indicador baixe esta semana de 150, polo que caerá do risco alto actual ao risco medio, como xa fixo a súa irmá pequena, a incidencia semanal.
EVOLUCIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS
A redución de infectados continúa, pero o seu ritmo de caída atascouse. A media semanal da derivada da curva de casos activos encadea catro días en torno ao -6,4% ; pese ao excelente - 7,1% de onte. Quedan uns 6.700 casos activos en Galicia, os mesmos aproximadamente que había en vésperas de Reyes.
Isto quere dicir que o virus segue perdendo terreo, pero a súa retirada xa non é máis veloz cada día, conseguiu estabilizar o cambo de batalla a unha retirada a un ritmo constante. A experiencia de retiradas anteriores indícanos que pronto o seu ritmo de retirada descenderá, especialmente en canto empécense a notar o alivio das restricións.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos concluír:
- O covid-19 continúa a minguar e o seu ritmo de decrecemento é veloz, está a caer notablemente máis rápido que en pasadas ondas. Isto confirma a hipótese de que a maioría dos contagios producíronse nun tempo curto, en nadal.
- A mala noticia é que esta veloz retirada non durará moito máis. De feito, o ritmo de retroceso do coronavirus está practicamente estancado se nos fixamos nos indicadores semanais.
- A que se debe esta variación? Unha hipótese é que ao haber menos infectados, é lóxico que haxa menos altas e que por iso a curva tenda a aplanarse.
- Con todo, o feito de que a derivada do cambio de casos activos e a taxa de positividade se aplanen non é ningunha boa noticia. Son dous dos indicadores máis sensibles a calquera cambio de tendencia. Os primeiros que nos deberían avisar dun rebote do que, por agora, non hai indicios claros.
- A peor da noticia é a taxa de letalidade. A 30 días supera o 3,4%, algo xamais visto desde a traxedia da primavera. Isto reforza a hipótese de que a cepa británica é máis mortal e que cada vez xoga un papel máis destacado na pandemia en Galicia. De aí o risco de que calquera alivio ás restricións, como o decretado pola Xunta, contribúa a unha nova subida da pandemia, tan ou máis explosiva que en nadal.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Hai case unha semana que ningunha área suma máis de 100 positivos nun día. Hoxe só dous, A Coruña e Vigo, suman máis de 50 casos. A cantidade de infectados segue reducíndose en todos os distritos do SERGAS.
Máis información en detalle a nivel de área sanitaria e de municipio nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario