Arrinca a fase final do proxecto para transformar lodos en produtos de alto valor engadido na EDAR de Ourense
A Unidade Mixta Cigat Biofactoría, que nace da alizana entre Viaqua, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e o centro tecnolóxico da auga Cetaqua, mantén as súas liñas de investigación para producir ácidos graxos volátiles (AGV) a partir de lodos.

As probas, na súa fase final, levan a cabo na EDAR do Concello de Ourense, onde traballan con efluentes líquidos do conserveira Dardo. Ademais, este proxecto traballa tamén na adega Martín Codax para a recuperación de polifenoles.
Cigat Biofactoría | Foto: Viaqua
Así, os produtos obtéñense da “valorización de correntes residuais, o que promove un modelo de produción en liña coa súa Estratexia de Economía Circular”. De igual maneira, esta aposta se integtra na estratexia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, que forma parte da Axenda 2030.
A gran ambición desta alianza é “a procura do residuo cero” ao lograr un retorno económico para os produtores a partir das correntes residuais. Así, defínense novos modelos de negocio e alcánzase unha maior sustentabilidade.
Os acedos graxos volátiles son un recurso moi cotizado en sectores petroquímos ou plásticos, mentres que os polifenoles, polas súas propiedades antioxidantes, antinflamatorias, antimicrobianas e antivirais, poden ser un elemento de gran interese para industrias farmacéticas ou alimentarias.
Escribe o teu comentario