Galicia sairá de risco alto nuns días de seguir o ritmo actual de caída semanal de positivos

|

As últimas cifras do covid-19 no país volven ser moi boas. Os 252 novos positivos é a menor cifra no que levamos de 2021. A melloría continúa a unha velocidade xamais vista en toda a pandemia, aínda que perdese algo de impulso na última semana.


Galicia encadea cinco días seguidos por baixo 350, algo que non se lembraba polo menos desde outubro. A incidencia acumulada semanal cae a 80, case a mesma que había en Noiteboa, cando había 79 diagnósticos por cada 100.000 galegos.


Isto sitúa á comunidade en nivel de risco alto, segundo o semáforo de alertas. Con todo, de manter esta progresión, a mediados de semana Galicia baixaría de 75, saíndo de risco alto para alcanzar o risco medio.


UGWvm incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia




Abrindo o plano a dúas semanas,  a saída de risco alto aínda está un pouco lonxe. Galicia ten 216 e hai que baixar de 150 para alcanzar o risco medio. De manter este ritmo lograríao a finais da próxima semana ou a seguinte.


Débese leste esborralle dos positivos a que o SERGAS fai menos probas? Si, pero só en parte.


É certo que a Xunta completa menos PCR. Por exemplo, onte unhas 7.200, cando a media semanal no pico de finais de xaneiro rozou as 13.000. 


Con todo, esta caída de PCR non está a provocar o esperable aumento da taxa de positividade. A porcentaxe de probas que dá positivo segue á baixa, aínda que ben é certo que a un ritmo moito menor que o de hai unhas semanas.


Todo isto significa que a cantidade de PCR que está a facer o SERGAS está a ser suficiente para conter o virus.  A media da taxa de positividade está no 4,4%, fronte ao 4,9% que había fai unha semana e case o 11% do pico.





EVOLUCIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS


A cantidade de infectados descende un 7,2%. Se onte Galicia baixaba dos 10.000 casos activos hoxe queda en menos de 8.700.


A media semanal sobe hoxe, pouco, pero sobe, do 6,5 ao 6,4%. Isto é unha mala noticia, significa que de media a velocidade do descenso empeza a ser menor. É dicir, o número de casos activos segue caendo, pero cada día cae un pouco menos.





Sendo unha mala noticia, por se soa non ten que implicar un cambio de traxectoria, un rebote da epidemia. Certo é que esta curva a que primeiro nos alerta dos cambios de rumbo pero, mentres non se poña en valores por encima de 0, significará que Galicia segue aliviando o seu cómputo de infectados. 


A mala noticia é, ademais, esperable en gran medida. A melloría desta terceira onda foi moito máis rápida que a de precedentes embates. Un ritmo de caída que non se podía manter indefinidamente, pois cada vez hai menos pacientes aos que darlle o alta. Quedan uns 8.700, cando chegou a haber 22.600. É dicir, a cantidade de infectados baixou un 61% desde o pico de finais de xaneiro.


CONCLUSIÓNS


Con todas estas series de datos á nosa disposición, podemos inferir que


  • A pandemia continúa en retirada en Galicia. O ritmo desta retirada é máis rápido que o de anteriores mellorías, como tamén foi a virulencia do seu ataque nesta onda.
  • O ritmo de retirada perdeu algo de brío na última semana, por vez primeira desde o pico. Non é un bo aceno, pero tampouco é suficiente para declarar que xa se está cociñando un rebrote.
  • En teoría, non debese haber ningún repunte ata que a Xunta alivie significativamente as restricións, que aínda non o realizou. Salvo que a cepa británica empezo a burlar o actual nivel de restricións, como sucedeu xa en polo menos dous focos, as escolas de Guitiriz e Paradai en Lugo.
  • A situación hospitalaria permite certa marxe de erro, aínda que non demasiado. Os 580 hospitalizados en planta son un 47% dos 1.210 que tivemos no pico. 



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Todas os distritos do SERGAS perden casos activos hoxe. Non hai ningún que some máis de 100 positivos e só un, A Coruña, suma máis de 50, en concreto 79. 





A Coruña segue sendo a área nunha situación máis delicada desde o punto de prisión hospitalaria. É a que máis enfermos ten e a que máis críticos soporta, 53; aínda que chegou a ter máis de 80. A melloría é xeneralizada en toda Galicia, aínda que hai puntos negros locais, que non se expanden debido en gran medida ao perímetro municipal. O último deles está en Ponteceso. Máis datos en detalle a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutoso en Galiciapress


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress