Covid nos colexios: as escolas seguen perdendo casos, pero aínda hai máis dun milleiro e medio de afectados

Despois da importante baixada rexistrada durante as vacacións de Entroido --748 positivos menos--, os casos covid nos centros escolares galegos continúan en descenso e computan, con datos do venres, 1.676 casos activos entre alumnado e comunidade educativa.

|

Tras as vacacións de entroido Galicia mantén o seu descenso no número de casos activos nos centros escolares, con 107 casos menos en 24 horas.


A pesar de todo, o número de positivos na comunidade escolar segue sendo alto con 1.676 casos, 71 aulas pechadas e dous centros que permanecen clausurados. 


Arquivo - Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro (Lugo)O coronavirus en Galicia segue perdendo forza | Foto: EP


Despois da importante baixada rexistrada durante as vacacións de Entroido --748 positivos menos--, os casos covid nos centros escolares galegos continúan en descenso e computan, con datos do venres, 1.676 casos activos entre alumnado e comunidade educativa.


En concreto, segundo os datos proporcionados pola Xunta, esta cifra supón 107 casos activos menos que a xornada anterior e 855 menos que hai unha semana. As aulas en corentena tamén baixan, ata as 71 e permanecen pechados dous centros, o PAI municipal de Guitiriz, con 11 positivos, e o Centro Infantil Globos de Pontevedra, con un.

Todas as áreas sanitarias volven rexistrar descensos nas súas cifras. A que ten máis casos segue sendo a de A Coruña, con 537 (-25) e 15 aulas en corentena. O centro con máis positivos segue sendo o CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida, con 23 casos.

Pola súa banda, a área de Vigo contabiliza 283 positivos, un menos que o xoves, e 14 aulas pechadas; mentres que a de Pontevedra ten 244 casos activos (-32) e 19 aulas en corentena. O centro vigués con máis casos é o CPR Plurilingüe O Pilar, con 25, mentres que o CPR Santiago Apóstolo de Soutomaior ten 17 e o CPR Os Salgueiros de Pontevedra, 16.

Así mesmo, e aínda por encima dos 200 casos está Lugo, con 216, 13 menos que a xornada anterior, e 9 aulas en corentena. Destacan o CPI Paradai de Lugo, con 40 casos activos, o brote máis grande de Galicia, e o Plurilinüe Lagostelle de Guitiriz, con 31.


SANTIAGO BAIXA DOS 200 CASOS

Os datos deste venres evidencian que a área sanitaria de Santiago baixou, nos seus centros educativos, dos 200 casos. Concretamente, sitúase nos 185, 18 menos que a xornada anterior, e ten oito aulas clausuradas. O centro con máis casos é o colexio La Salle da capital galega, con 18.

Finalmente, os colexios da área de Ferrol manteñen activos 110 casos (-9), 19 deles no CPR Santiago Apóstolo de Narón, e dúas aulas pechadas; e os de Ourense rexistran 101, 14 menos, con catro aulas en corentena.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE