Covid municipios: Santiago sae de risco extremo, mellora nas urbes e sobe en Marín, Ponteceso e Guitiriz




O verde da nova normalidade empeza a establecer unha cabeza de ponte nas provincias atlánticas. Iso si, pequeñísima por agora, pois en todas as provincias da Coruña e Pontevedra só hai un municipio con menos de 25 casos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É o coruñés de A Capela, que ten menos de 1.300 habitantes.


|

O verde da nova normalidade empeza a establecer unha cabeza de ponte nas provincias atlánticas. Iso si, pequeñísima por agora, pois nas provincias da Coruña e Pontevedra só hai un municipio con menos de 25 casos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É o coruñés da Capela, que ten menos de 1.300 habitantes.


Son os concellos máis despoblados, montañosos ou illados os que, en termos xerais, están a mellorar máis rápido. Algo que confirma o peso de a mobilidade e a densidade de poboación xogan na propagación do coronavirus.


Ata hoxe só había unha cidade, Vigo, que conseguira baixar o nivel de risco extremo, ao ter menos de 250 de incidencia acumulada bisemanal, en vermello no mapa. Desde este xoves úneselle Santiago de Compostela, que baixa a risco alto, en laranxa no mapa.





Os concellos cuxo cómputo de positivos en dúas semanas máis sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo de onte son:



  • Neda +3
  • Rianxo +3
  • Guitiriz +4
  • Ponteceso +5
  • Marín +7


De novo cóase Gutiriz na lista. O municipio lucense ten unha incidencia acumulada de case 2.100 positivos por 100.0000 habitantes en dúas semanas. A incidencia acumulada de Guitiriz é case 8 veces superior a a de Galicia, 276




A que se debe tal disparidade de contagios e traxectoria da pandemia entre Guitiriz e o resto de Galicia, incluídos os seus concellos veciños? Unha hipótese é a cepa británica, presente en todas as mostras analizadas alí, que parece ser capaz de saltarse as precaucións que si foron suficientes para conter outras ondas nun dos colexios de Guitiriz.


Os QUE MÁIS MELLORAN

Os municipios cuxa suma de diagnósticos en 14 días máis baixa hoxe respecto a esa mesma suma onte son:



  • Coruña (A) -104
  • Vigo -69
  • Ourense -46
  • Santiago de Compostela -44
  • Ferrol -30
  • Ordes -19
  • Lugo -18
  • Monforte de Lemos -17
  • Arteixo -16
  • Estrada A -15
  • Pontevedra -15
  • Vilalba -13
  • Carballo -12
  • Vila de Cruces -12
  • Arzúa -11



O -44 de Santiago tradúcese en 233 positivos nos últimos 14 días. Suficiente para, nunha cidade de menos de 100.000 habitantes segundo o censo do IGE, baixar a incidencia acumulada a menos de 250. En concreto, a 233. Iso a pesar de os 11 positivos descubertos no colexio La Salle e o cribado que alí está desarrolando o SERGAS.



De todas as cidades do país, A  Coruña é a que peor incidencia acumulada ten, a única que queda por encima dos 450.



Con todo, o ritmo de descenso de A Coruña segue sendo esperanzador, aínda que perdese un pouco de velocidade nas últimas xornadas. Non así hoxe, o -104 é o cuarto maior descenso desta onda na cidade.




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pódese consultar na táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

Todas as áreas sanitarias seguen perdendo infectados. A pesar da preocupación que supoñen as noticias que confirman brotes debidos á cepa británica, por agora non hai indicios de ningún cambio de traxectoria en ningunha área. 




Mesmo en Ourense, que foi a primeira en dobrar a súa curva, a caída de casos activos segue sendo firme. Ourense, que foi a área que primeiro sufriu o embate da segunda onda, é a primeira área que baixa de 1.000 casos activos nesta terceira onda, a pesar de que as áreas de Ferrol, Pontevedra e Lugo teñen menos poboación.


Hoxe a baixada é xeneralizada en todas as áreas sanitarias galegas. Deste xeito, a da Coruña e Cee sitúase con 3.468; a de Vigo, con 1.621; a de Pontevedra e O Salnés, con 1.447; a de Santiago e Barbanza, con 1.351; a de Ferrol, con 1.066; a de Lugo, con 1.020; e a de Ourense xa se coloca por baixo do milleiro, con 935. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Os contaxiados na Comunidade galega ascenden a 109.679. Deles, 25.929 corresponden á área da Coruña e Cee; 20.643 á de Vigo; 17.617 á de Santiago e Barbanza; 14.376 á de Ourense; 11.958 á de Pontevedra e O Salnés; 11.418 á de Lugo; e 7.738 á de Ferrol.



Os novos contagios detectados con diferentes tipos de probas volveron a descender lixeiramente a 351 --seis menos que a xornada anterior--, deles 307 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Dos últimos, 100 localízanse na área da Coruña e Cee; 50 na de Vigo; 38 na de Pontevedra e O Salnés; 36 na de Ferrol; 34 na de Lugo; 31 na de Santiago e Barbanza; e 18 na de Ourense. 


FALECIDOS E CURADOS
Os falecidos desde o inicio da pandemia en Galicia ascenden a 2.147, tras comunicar Sanidade a morte doutras nove persoas con Covid-19, sete dos cales son vítimas correspondentes ao martes, entre elas unha procedente dunha residencia, e dúas a este mércores.

Ata a data curáronse de coronavirus un total de 96.641 pacientes en toda Galicia, o que representa 1.176 máis que os rexistrados na xornada anterior. 


WhuP4 coronavirus por concellos de galicia  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE