Bosch Vigo non compensa os gastos aos seus empregados obrigados a traballar cos seus propios medios, denuncia CC.OO.
Máis dun milleiro de persoas traballan no centro de chamadas de Bosch Service Solutions, que esta semana arrinca o seu calendario de protestas.
Máis dun milleiro de persoas traballan no centro de chamadas de Bosch Service Solutions, o segundo maior empregador de Vigo, que esta semana arrinca o seu calendario de protestas.
As mobilizacións están convocadas pola Ferederación de Servizos de CC.OO. en Galicia para denunciar a situación na que se atopan os traballadores.
Bosch Service Solutions | Foto: CC.OO.
No centro de chamadas, que presta servizos a clientes como Vodafone, Repsol, Orange ou Iberdrola, aínda se notan os efectos do Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) que aplicou a compañía por mor da pandemia e que afectou a máis 800 traballadores. Nestes momento, segundo sinala o sindicato, hai ao redor de 1.200 empregados teletrabajando “a maior parte delas cos seus propios medios sen que lles compensen os gastos tal e como obriga a lexislación sobre o traballo a distancia”.
“Desde o comezo da pandemia, a sección sindical de CC.OO. denuncia a inadecuada política de prevención de riscos laborais, especialmente en cuestións como a falta de ventilación idónea ou sistemas de climatización estragados (que non se arranxaron ata que se denunciou na Inspección de Traballo), agregan desde o sindicato, á vez que manifestan o “risco á saúde persoal” que isto supón
Do mesmo xeito, o organismo sindical incide en que Bosch “impuxo as vacacións” a case 800 traballadores “aciendo caso omiso do acordo ao que se chegou recentemente co comité de empresa ante o Consello Galego de Relacións Laborais”.
Por todo isto, desde CC.OO. Inician parosparciais nas quendas de mañá e tarde de 11h a 12h e de 17h a 18h este mércores e de 13h a 14h e de 17h a 18h o venres. Estas protestas celebraranse tamén ao longo das próximas semanas.
Escribe o teu comentario