O popular Alfredo Dovale remplaza a Alfonso Balseiro á fronte do Concello de Mañón (A Coruña)

Ocupará o cargo do rexedor recentemente falecido Alfonso Balseiro

|

O pleno para a elección de Dovale celebrarase o próximo 18 de febreiro, onde os seis edís do PP, que conta con maioría absoluta no municipio, darán o seu voto ao ata o de agora tenente de alcalde. 


Desde os populares destacan a figura de Dovale como a de un home "comprometido, traballador, afable, íntegro e cumpridor".


Alfredo Dovale, segundo pola dereita.O novo rexedor substitúe ao falecido Alfonso Balseiro | Foto: EP


Alfredo Dovale (PP), actual primeiro tenente de alcalde de Mañón (A Coruña), será elixido o vindeiro xoves, 18 de febreiro, durante un pleno extraordinario que foi convocado para as 20,00 horas, novo rexedor deste municipio, en substitución de Alfonso Balseiro, que faleceu o pasado día 6 tras unha longa enfermidade.

Foi durante unha reunión do grupo municipal cando se decidiu o que será sucesor de Balseiro á fronte da Alcaldía. A través dun comunicado, o grupo explicou que "asume a responsabilidade de escoller entre os seus compoñentes á persoa máis idónea para ocupar un posto tan importante e de tanta dedicación e responsabilidade como é o de alcalde de Mañón".

Os populares apuntan que Dovale é "un home comprometido, traballador, afable, íntegro e cumpridor, como xa leva demostrado nos últimos tempos nas diferentes áreas que tiña encomendadas do Concello no equipo de goberno".


EXPERIENCIA

Entre outras cousas, inciden en que Dovale desempeñou o cargo de primeiro tenente de alcalde nos últimos 10 anos, formou parte da xunta de goberno e das diferentes comisións informativas.

Finalmente, ratifican o seu compromiso co municipio. "O grupo municipal do Partido Popular estamos comprometidos co proxecto co cal concorremos ás eleccións municipais e seguiremos traballando, se cabe con máis intensidade, por facer cumprir todos os obxectivos que nos marcamos", destacan. Actualmente, o pleno de Mañón conta con seis concelleiros do Partido Popular e tres do PSOE.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE