Covid municipios: Vigo primeira cidade que sae de risco extremo e Guitiriz segue con brote descontrolado


O mapa de incidencia acumulada de covid por municipios de Galicia mostra como Vigo baixa de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É a primeira cidade do país en conseguilo nesta terceira onda e, por tanto, a primeira en abandonar a cor vermella.


|


O mapa de incidencia acumulada de covid por municipios de Galicia mostra como Vigo baixa de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. É a primeira cidade do país en conseguilo nesta terceira onda e, por tanto, a primeira en abandonar a cor vermella.


A verdade é que case todas as cidades da autonomía empezan a estar rodeadas de concellos que deixaron atrás o  nivel de risco máximo. As dúas excepcións a esta norma son A Coruña e Ferrol que son, precisamente, as urbes con peores cifras.


Na última semana o mapa perdeu bastante vermello. Comarcas como A Mariña Oriental, A Mariña Central, A Fonsagrada, Os Ancares, O Barbanza, Vigo, O Ribeiro, Terras de Trives, Terras de Caldelas ou Valdeorras xa teñen a maioría dos seus municipios en niveis inferiores ao risco máximo.



 


Con todo, segue habendo concellos nos que o covid-19 segue crecendo. Esta é a lista dos municipios cuxo cómputo de positivos en 14 días máis crece hoxe respecto a ese mesmo cómputo onte:


  • Boqueixon +4
  • Bueu +4
  • Catoira +4
  • Vilanova De Arousa +4
  • Cambados +5
  • Lama A +5
  • Guitiriz +12



Guitiriz volve ter a dubidosa honra de liderar esta clasificación. Este municipio leva máis dunha semana coándose entre os que peores cifras ten en Galicia, a pesar de ser rural e estar na provincia con mellores datos, Lugo.  A súa incidencia xa está por encima dos 2.000, case seis veces máis que a media de Galicia.




Nin a Xunta nin o Concello confirmaron ningún brote escolar, pero as cifras do CEIP Langostelle así o evidencian. Dos 113 positivos nos últimos 14 días no concello, polo menos 28 detectáronse na última semana nese centro escolar. A alcaldesa acaba de anunciar un cribado noutros centros escolares e responsabiliza do sucedido á cepa británica.


Os municipios cuxa suma de positivos en 14 días máis baixa hoxe respecto a esta suma onte son:



  • Ourense -48
  • Vigo -33
  • Santiago de Compostela -27
  • Coruña (A) -19
  • Betanzos -17
  • Pontevedra -17
  • Lugo -16
  • Poio -16
  • Ordes -15
  • Monforte de Lemos -15
  • Tui -14
  • Arteixo -13
  • Cambre -13
  • Fene -12



Co seu -33, Vigo sitúase cunha incidencia acumulada de 249, baixando do límite de 250 que delimita o semáforo estatal de alertas para risco máximo.  Vigo non tiña un nivel tan baixo desde o 12 de decembro, fai máis dun mes.





A Coruña continúa sendo a cidade de Galicia con peores cifras, a pesar de que a situación continúa mellorando alí. 






A incidencia acumulada da Coruña aínda é moi alta, de 580; aínda que chegou a ser case de 1.000:







A evolución de positivos en todos os concellos de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.

 

EVOLUCIÓN POR ÁREAS SANITARIAS


Os casos activos seguen baixando en todas as áreas sanitarias de Galicia. Iso si, todas aínda teñen máis de 1.000 casos activos, máis de 2.000 no caso de Vigo e case 4.000 no caso da Coruña. Son niveis aínda notablemente superiores aos que había ao principio da tempada do Nadal.



Galicia ten 13.052 casos activos de Covid-19, o que supón 693 menos que a xornada anterior, polo que se mantén a tendencia descendente rexistrada toda a semana pasada.  


Por áreas sanitarias, a da Coruña e Cee conta con 3.964; Vigo, con 2.029; a de Pontevedra e O Salnés, con 1.725; a de Santiago e Barbanza, con 1.689; a de Ferrol, con 1.257; a de Ourense, con 1.217; e a de Lugo, á cola, con 1.171. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Tamén se reducen os contagios diarios detectados por diferentes probas a 372, fronte aos 419 da xornada anterior. Así, os contaxiados na Comunidade galega sitúanse en 108.613, dos que 25.623 corresponden á área da Coruña e Cee; 20.444 á de Vigo; 17.476 á de Santiago e Barbanza; 14.317 á de Ourense; 11.809 á de Pontevedra e O Salnés; 11.311 á de Lugo; e 7.633 á de Ferrol.


 Dos 372 novos contagios, 345 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles, 123 na área da Coruña e Cee; 62 na de Vigo; 45 na de Pontevedra e O Salnés; 35 en cada caso nas de Ferrol e Lugo; 24 na de Ourense; e 21 na de Santiago e Barbanza.


SOBEN Os HOSPITALIZADOS


A presión nas UCIs aínda non baixa. Hai 224 pacientes con Covid en UCI, dúas máis que onte, e 792 noutras unidades, 17 máis que onte, o que sitúa o total de ingresados en 1.016 na Comunidade galega, fronte aos 997 da xornada anterior.


Por áreas sanitarias, aumentaron os hospitalizados en cinco das sete, mentres descenderon lixeiramente nas de Ourense, con 15 en UCI --dúas máis-- e 103 noutras unidades --cinco menos-- e na de Lugo, con 26 en críticos --sen cambios-- e 61 noutras unidades --uno menos--.


Por contra, na da Coruña e Cee se as persoas con Covid-19 en críticos baixan a 75 --unha menos--, as que están noutras unidades de hospitalización aumentan a 208 --oito máis--; na de Ferrol baixan a 25 os ingresados en UCI --uno menos--, pero soben a 115 os doutras unidades --sete máis--.


Mentres, na de Santiago e Barbanza os ingresados en críticos pasan a 36 --un máis-- e os doutras unidades de hospitalización increméntanse a 105 --tres máis--, así como na de Pontevedra e O Salnés, onde os críticos aumentan a 22 --un máis-- e os doutras unidades, a 83 --tres máis--. En canto á de Vigo, mantéñense en 25 as persoas con coronavirus en críticos e soben a 117 os doutras unidades --dúas máis--. 


KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (11)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE