Garda Civil e Policía Nacional buscan ao responsable do atracou a un banco en Oroso
Efectivos de Policía Nacional e de Garda Civil manteñen un operativo para tratar de localizar a unha persoa que na mañá deste luns atracou unha sucursal bancaria no municipio de Oroso (A Coruña).
Policía Nacional e Garda Civil prosegue co operativo de procura para lozalizar ao asaltante dunha sucursal bancaria en Oroso.
Patrullas por estrada e un helicóptero compoñen o dispositivo de procura e captura do atracador.
Unha sucursal do Banco Sabadell | Foto: EP
Efectivos de Policía Nacional e de Garda Civil manteñen un operativo para tratar de localizar a unha persoa que na mañá deste luns atracou unha sucursal bancaria no municipio de Oroso (A Coruña).
Segundo informaron fontes da Garda Civil, o atraco produciuse sobre as 12,30 horas deste luns nunha sucursal do Banco Sabadell de Sigüeiro, á que o ladrón entrou exhibindo unha arma. No momento do atraco só atopábanse no interior os traballadores.
Neste municipio despregouse un importante operativo para tratar de localizar ao sospeitoso, formado tanto por patrullas por estrada como por un helicóptero.
Escribe o teu comentario