Covid municipios: Frea a melloría na Coruña cidade e a súa área mentres aguanta noutras urbes

Algúns municipios veciños de cidades empezan a saír do nivel de risco extremo. Son moi poucos aínda, pero vai habendo. 


|

Algúns municipios veciños de cidades empezan a saír do nivel de risco extremo. Son moi poucos aínda, pero vai habéndoos. 


Outro sinal máis da consolidación da melloría a nivel galego, aínda que nalgunhas zonas, particularmente na Coruña, empeza a perder brío.


Nigrán e Gondomar, limítrofes con Vigo; Pereiro de Aguiar, limítrofe con Ourense: Teo, limítrofe con Santiago; Friol, limítrofe con Lugo e Neda, que non é limítrofe con Ferrol pero forma parte da súa periferia, xa non teñen máis de 250 positivos en dúas semanas. Por iso baixan a nivel de risco alto e xa non están en vermello no mapa: 






Os concellos cuxo balance de positivos nos últimos 14 días máis baixa hoxe respecto ao o seu balance de onte son:


Vigo -109

Santiago de Compostela -45

Ourense -38

Pontevedra -35

Ponteareas -34

Coruña (A) -33

Ames -23

Ferrol -20

Arteixo -17

Narón -17

Porriño (Ou) -17

Silleda -17





Os concellos cuxo balance de positivos nos últimos 14 días máis sobe hoxe respecto ao o seu balance de onte son:



  • Corgo (O) +4
  • Cospeito +4
  • Barro +4
  • Oza-Cesuras +5
  • Cangas +5
  • Cerdedo-Cotobade +10
  • Guitiriz +13


Quinto día consecutivo que Guitiriz, unha poboación de menos de 5.500 habitantes, cóase entre os que máis empeoran. Algo sorprendente, debido ao seu carácter rural e a que non hai ningunha residencia alí. O SERGAS empezou onte un cribado no municipio, polo que parte do +13 de hoxe pódese explicar por un maior número de probas. Con todo, a evolución de positivos en Guitiriz é sorprendente, teniendo en cuenta a melloría semanal, nunha semana pasaron de 10 a máis de 70.


A evolución de positivos en todos os concellos de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.


COMPORATIVA CIDADES


Lugo e Vigo son as urbes mellor posicionadas para beneficiarse dun eventual alivio das restricións. De feito, as súas cifras de incidencia acumulada a 14 días son mellores ca media galega, que está sobre 480:



As cidades con peores datos seguen sendo A Coruña e Ferrol. Ademais, en A Coruña a melloría está a perder brío desde hai uns días. Continúa baixando a incidencia acumulada, pero cada vez máis lentamente, o que alimenta os medos a un eventual repunte. De producirse antes do alivio das restricións, só tería unha explicación lóxica, a propagación da temida cepa británica:



A freada da melloría non é un problema só da cidade da Coruña. En toda a área sanitaria o virus segue retrocedendo, pero tamén de maneira cada vez máis lenta. A incidencia acumulada semanal reflicte unha caída só do 3,4%, moito menor que en semanas anteriores.




Os datos da Coruña son os máis preocupantes, ademais  é a área que soporta máis presión hospitalaria, cunha UCI por encima da súa capacidade habitual e onde aínda non se notou un alivio notable. 


Na área sanitaria de Lugo apréciase un fenómeno similar ao da ára da Coruña. A incidencia acumulada semanal deixou practicamente de caer:




Na cidade de Lugo, a diferenza da Coruña, non se aprecia que a melloría perda forza, aínda que tamén é certo que Lugo nunca alcanzou os niveis da Coruña e dobrou a súa curva máis tarde, polo que non son situacións comparables 

Tamén na área sanitaria de Vigo a melloría está a frearse, cunha incidencia semanal que só caeu un 7%, cando a de dúas semanas aínda cae un 44%.



A curva da cidade de Vigo non presenta indicios dunha retardación da melloría. De feito, hoxe baixa de 1.000 casos en 14 días por vez primeira desde o 17 de xaneiro tras lograr un -109, o maior descenso desta onda:




A evolución de positivos en todos os concellos de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

A cantidade de infectados segue descendo en todas as áreas. Con todo, é claramente visible que a melloría da área da Coruña perdeu forza nas últimas xornadas:



Os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias que rexistran 4.590 no caso da da Coruña e Cee; 2.626 na de Vigo; 2.188 na de Santiago e Barbanza; 2.027 na de Pontevedra e O Salnés; 1.569 na de Ourense; 1.457 na de Ferrol; e 1.437 na de Lugo.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

Os contaxiados na Comunidade galega soben a 107.316, deles 25.243 corresponden á área da Coruña e Cee; 20.231 á de Vigo; 17.338 á de Santiago e Barbanza; 14.216 á de Ourense; 11.628 á de Pontevedra e O Salnés; 11.153 á de Lugo; e 7.507 á de Ferrol.

Deses 648 novo contagios, 603 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles, 232 na área da Coruña; 91 na de Vigo; 68 na de Pontevedra e O Salnés; 62 na de Lugo; 56 na de Ferrol; 52 na de Santiago e Barbanza; e 42 na de Ourense.





FALECIDOS
Con respecto ás vítimas, Galicia rexistrou 2.056 falecidos con Covid-19 desde o inicio da pandemia, tras comunicar este xoves Sanidade 17 novos falecementos correspondentes a varios días.

Dos falecidos notificados este xoves con coronavirus, seis persoas eran usuarias de residencias da Comunidade galega, concretou Sanidade.

Ata o momento curáronse en Galicia 89.382 pacientes con Covid-19, o que supón 1.380 máis que os 88.002 contabilizados ata este xoves. 


HOSPITALIZADOS

Hai 856 persoas con coronavirus en unidades de hospitalización convencionais, 55 menos que a xornada anterior, e 228 en UCI, seis menos.

Os pacientes ingresados con Covid-19 descenden en seis das sete áreas sanitarias galegas, mentres que na de Vigo, aínda que se manteñen en 27 os hospitalizados en UCI, soben a 122 --cinco máis-- os que permanecen noutras unidades.

De novo o maior descenso de pacientes ingresados corresponde á área da Coruña e Cee, onde hai 75 en UCI --uno menos-- e 215 noutras unidades --19 menos--; seguida da de Pontevedra e O Salnés, con 20 --sen cambios-- e 100 --o que supón 14 menos--, respectivamente.

Na área de Ferrol soben en dúas os pacientes con Covid en UCI ata os 23, pero baixan a 119 os que están noutras unidades --14 menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza caen a 40 o críticos --seis menos-- e baixan a 97 os doutras unidades --cinco menos--.

Pola súa banda, no distrito sanitario de Lugo descenden a 25 as persoas ingresadas en UCI con coronavirus --unha menos-- e a 66 as que permanecen noutras unidades de hospitalización --cinco menos--; e na de Ourense 18 continúan en críticos e baixan a 137 as que se atopan noutras unidades --tres menos--. 


KV7EO coronavirus por concellos de galicia  (9)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE