(VÍDEO) Disparan a un xabaril a escasos metros dun núcleo residencial; animalistas piden á Xunta unha investigación
As imagenes, filmadas por un particular desde un domicilio e recollidas por Rubén Pérez, director de campañas na Fundación Franz Weber, corresponden ao ocorrido recentemente na Arnoia, Ourense.
Nelas vese como un home persegue a un xabaril e tenta abatelo cunha escopeta. Desde a ONG 'Libera!' piden que se lle retire a licenza ao infractor.
A asociación animalista Libera reclamou á Xunta que investigue un vídeo, difundido nas últimas horas a través de 'WhatsApp', no que un cazador persegue cunha arma a un xabaril e efectúa un disparo nas inmediacións das vivendas.
Segundo apunta nun comunicado o colectivo denunciante, que alude a "fontes veciñais", as imaxes poderían captarse o domingo no municipio de A Arnoia (Ourense), concretamente na parroquia de Ou Rial.
Así, Libera lembra que a lei galega de caza de 2013 prohibe o uso de armas de fogo nas chamadas "zonas de seguridade", que comprenden as franxas de 100 metros ao redor de espazos habitados e públicos.
E é que no vídeo apréciase como o cazador non respecta esta distancia e efectúa os disparos no medio das vivendas mentres corre "por unha vía asfaltada" coa arma cargada, o que constitúe "outra infracción", engade Libera.
Ademais, o colectivo advirte que a área que figura nas imaxes que circularon por 'WhatsApp', que está rodeada de viñedos, tampouco parece apta para a actividade cinexética.
Por iso, ante a difusión do vídeo, os animalistas reclamaron á Xunta unha "investigación inmediata", así como a retirada provisional das armas e da licenza de caza ao presunto infractor.
Escribe o teu comentario