​Fernando Vidal e o resto do consello de administración do Deportivo presentan a súa dimisión

A saída dos dirixentes era só cuestión de tempo despois de que Escotet, presidente de Abanca, entidade dona do club, anunciase cambios a semana pasada.Galiciapress xa apuntou o xoves que o seguinte paso nos plans do banco era renovar toda a dirección do club.


|

A saída dos dirixentes era só cuestión de tempo despois de que Escotet, presidente de Abanca, entidade dona do club, anunciase cambios a semana pasada.


Galiciapress xa apuntou o xoves que o seguinte paso nos plans do banco era renovar toda a dirección do club. Agora una xunto interina faise cargo de forma momentanea ata marzo, momento no que previsiblemente David Villasuso asuma un novo cargo. 


Fernando Vidal, novo presidente do RC Deportivo

Fernando Vidal | Foto: RC Deportivo


Aires de cambios chegan ao palco de Riazor. Fernando Vidal, ata o de agora presidente do Deportivo da Coruña, e o resto do consello de administración do club herculino, presentou a súa dimisión. A noticia confirmouse esta tarde pero a súa saída era un secreto a voces, como xa adiantou Galiciapress, despois de que Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, deixase claras as súas intencións de “profesionalizar” o Dépor. A entidade bancaria, máxima accionista e por tanto propietaria do conxunto branquiazul, aposta deste xeito por un modelo máis intervencionista co fin de endereitar o rumbo no plano deportivo.


Os malos resultados do equipo que dirixe Rubén da Barreira (só tres puntos dos últimos 21 posibles e nin un só gol a favor no últimos cinco partidos) propiciaron esta situación. A isto hai que engadir a desastrosa planificación deportiva e un decepcionante mercado de fichaxes en xaneiro, que deixou ao persoal aínda máis debilitada.



As dimisións están condicionadas polo desexo de Escotet de que os actuais membros da xunta abandonen a nave deportivista. “O accionista maioritario comunicounos o seu desexo expreso para que este Consello dea un paso á beira para a entrada de un profesional”, admitiu Vidal na súa comparecencia desta tarde. Vidal, o home con logrou o acordo con Abanca para garantir a supervivencia do club, pecha así a súa segunda etapa no Deportivo, despois de que formase parte do equipo de Tino Fernández durante a súa presidencia.


NOVO CONSELLO EN MARZO

Agora, o organigrama da oficinas da Praza de Pontevedra cambia por completo, aínda que non será ata marzo cando se oficialicen os novos nomeamentos durante a celebración da próxima Xunta de Accionistas. Ata entón, unha xunta interina farase responsable do club. Con todo, é moi posible de David Villasuso, home de confianza de Escotet e única peza que se mantén intacta, siga subindo chanzos e convértase nunha figura importante da próxima dirección.


Doutra banda, nos últimos días unha corrente en redes sociais pide a Escotet que chame a Lendoiro para que tome as rendas do club. Con todo, todo parece que quedará nunha mera anécdota e nun episodio máis de derívaa que tomou este club, un histórico do fútbol español que hoxe vive as súas horas máis baixas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE