As choivas regresan con forza a Galicia, con aviso amarelo no interior de Pontevedra e en litoral coruñés
Ademais das precipitacións, o vento tamén se fará notar na Costa da Morte e na Mariña.
A alerta amarela por choivas de prolongará ao longo de practicamente toda a xornada.
O temporal pon en alerta amarela a Galicia | Foto: EP
Meteogalicia activará este domingo varios avisos amarelos por choivas, que caerán con forza na costa oeste e suroeste da provincia da Coruña, así como en municipios do interior da de Pontevedra.
Segundo o boletín de alertas de Meteogalicia, nestes territorios espéranse precipitacións que deixarán máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
En concreto, o aviso amarelo activarase no litoral oeste e suroeste coruñés ao redor das 12,00 do mediodía, mentres que no interior de Pontevedra permanecerá en vigor desde as 18,00 da tarde e ata as 9,00 da mañá do luns.
En canto ao vento, Meteogalicia activará para este domingo o aviso amarelo por refachos de forza 7 no mar da Costa da Morte e do litoral norte da Coruña entre as 9,00 da mañá e as 15,00 da tarde.
Esta situación tamén estará vixente na comarca lucense da Mariña, por ventos de máis de 80 quilómetros por hora, a partir das 18,00 horas.
Escribe o teu comentario