O narcosubmarino xa está na Academia da Policía Nacional (vídeos)

O narcosubmarino interceptado en novembro de 2019 na ría de Aldán cando transportaba tres toneladas de cocaína chegou este xoves á Escola Nacional de Policía, onde quedará en depósito tras as reparacións oportunas.

|

A nave estivo depositada durante máis dun ano nas instalacións da Policía en Vigo


O narcosubmarino interceptado en novembro de 2019 na ría de Aldán cando transportaba tres toneladas de cocaína chegou este xoves á Escola Nacional de Policía, onde quedará en depósito tras as reparacións oportunas.


Narcosubmarino chegando a Escola Xeral da Policu00eda



O semisumerxible, o primeiro de interceptado en Europa, partiu este mércores do porto de Vigo, onde permaneceu 14 meses varado, a bordo dun camión e escoltado por varios vehículos da Policía Nacional, para o seu traslado por estrada ata o centro docente de Ávila.




O traslado contou coa preceptiva autorización xudicial, que decidiu a súa entrega á Policía Nacional. Tras os preceptivos traballos de acondicionamento, a embarcación quedará en depósito no centro docente da Policía Nacional en Ávila.

O narcosubmarino foi interceptado nas costas galegas nunha operación antidroga desenvolvida na ría de Aldán. A embarcación, que transportaba tres toneladas de cocaína distribuída en 152 fardos, era tripulaba por tres narcotraficantes que foron detidos polos investigadores. Xestións posteriores permitiron o arresto doutras catro persoas máis. 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE