O dano feito a Besteiro e Orozco é irreparable, quéixase Tomei tras o arquivo do caso Garañón en Lugo
O actual presidente da Deputación de Lugo caga contra a "persecución" que terminou coa carreira política de Besteiro, un dos seus antecesores no cargo
O alcalde de Monforte sinala o "gravísimo dano" causado pola lenta instrución da xuíza Pilar de Lara, que acaban de arquivar os seus superiores
Tomei nunha foto de ep
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, expresou a súa satisfacción polo arquivo do caso Garañón ao considerar que "por fin termina o calvario e a persecución á que se viron sometidos durante tanto tempo" o que fose secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro e o exalcalde de Lugo José López Orozcco.
"A XUSTIZA CORRIXIU Os seus PROPIOS ERROS, PERO TARDE"
Nun comunicado remitido aos medios, José Tomei considera que as acusacións "xamais deberon producirse", algo que asegura que el "tiña claro" e que foi ratificado "con contundencia" pola Audiencia Provincial.
"Sempre tiven unha confianza total na inocencia e no bo facer destes compañeiros", destacou o presidente da Deputación de Lugo, que informou de que o propio mércores púxose en contacto con quen foi mandatario provincial e secretario xeral do PSdeG e co exregidor de Lugo para trasladarlles unha mensaxe de "afecto, apoio e consideración".
O presidente da Deputación de Lugo recalcou que "afortunadamente a xustiza, aínda que tarde, corrixiu os seus propios erros, que nunca deberon de ocorrer". Con todo, considera que o "gravísimo dano persoal e político que lles foi ocasionado durante tanto tempo é irreparable".
Escribe o teu comentario