Coronavirus por municipios: rebotan A Coruña e Santiago, forte subida en Lugo e melloría en Poio
A mellora de Galicia é tan leve e recente que o vermello escuro de risco extremo segue case monopolizando o mapa municipal elaborado en función da incidencia acumulada a dúas semanas.
A mellora de Galicia é tan leve e recente que o vermello escuro de risco extremo segue case monopolizando o mapa municipal elaborado en función da incidencia acumulada a dúas semanas.
Con todo, hai algunha novidade, como en Muros, que baixa de 250 casos por 100.000 habitantes en dúas semanas, pasando a risco alto, en marrón no mapa.
Os municipios en nivel de nova normalidade, en verde no mapa, por ter menos de 10 casos por 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas son poucos e moi deshabitado. Quizais o máis poboado sexa Barreiros, na Mariña, que rolda os 3.000 habitantes. O resto son Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Rubiá, Larouco, Vilariño de Conso, Parada de Sil, A Teixeira, Pontedeva, Gomesende e Entrimo.
A lista de municipios cuxo cómputo a 14 días máis cae respecto ao mesmo cómputo onte é:
- Poio -83
- Ourense -37
- Vigo -26
- Arteixo -22
- Verin -20
- Sada -17
- Naron -16
- Ponteareas -15
- Carballo -14
- Laracha -14
- Tomiño -13
- Xinzo De Limia -12
- Cambre -11
- Moeche -11
- Culleredo -10
- Silleda -10
A relación de concellos cuxa suma de positivos en dúas semanas máis sobe hoxe é:
- Santiago de Compostela +4
- Carballiño (Ou) +4
- Rairiz de Veiga +4
- Grove Ou +4
- Redondela +4
- Panton +5
- Carnota +6
- Cedeira +6
- Crecente +6
- Coruña (A) +9
- Arzua +10
- Ordes +12
- Lugo +19
Chama a atención os repuntes na Coruña e Santiago, dúas urbes que xa lograran dobrar a súa curva. Non son rebotes fortes, pero si preocupantes, pois non é habitual que un territorio que logra consolidar a súa melloría, encadeando varios días seguidos coa incidencia acumulada a dúas semana á baixa, repunte. Polo menos, se non hai un factor novo que explique ese repunte.
No caso da Coruña e Santiago ese factor novo podería ser os macrocribados realizados recentemente. Aínda que as miles de probas desta fin de semana detectaron poucos asintomáticos, serviron para cribar á súa vez aos seus contactos próximos, o que á súa vez pode aumentar os positivos.
Outra posibilidade, máis preocupante, é que o repunte se deba a a extensión da cepa británica, presente en ambas as urbes segundo recoñeceu onte o SERGAS.
Sexa cal for a razón, a incidencia a 14 días de Santiago rebota por vez primeira nunha semana:
A incidencia acumulada a dúas semanas de A Coruña levaba menos tempo á baixa, a penas tres días:
A cidade que máis empeora hoxe é a que mellores cifras mantén este ano. O cómputo a 14 días de Lugo sobe hoxe en case 20 positivos. A urbe logrou conter a subida que aumentaba noutras zonas ata mediados de xaneiro, cando se disparou, ata hai poucos días. Cando parecía que aplanaba outra vez a súa curva, Lugo sofre un considerable repunte de hoxe.
Con todo, os 452 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas de Lugo é unha cifra moi envexable para o resto de cidades de Galicia. Salvo quizais en Vigo, que é a outra que se mantén por baixo dos 500 de incidencia acumulada:
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pódese consultar no buscador da táboa ao final desta noticia.
EVOLUCIÓN DE CASOS ACTIVOS
As malas cifras de hoxe contribúen a que case todas as curvas de casos activos aínda non caian claramente. A única excepción é a traxectoria da área sanitaria de Ourense, que leva xa uns dez días claramente baixando.
A que peor traxectoria presenta é a de Pontevedra, que segue á alza, a pesar das numerosas altas hoxe en Poio, máis de 80, altas que probablemente teñan que ver co brote nunha clínica de Poio fai un par de semana.
Por áreas sanitarias, respecto a as cifras de onte, os casos activos descenden nas de Ourense a 2.730 --o que supón 85 menos--; na da Coruña e Cee a 5.845 --son 44 menos-- e na de Vigo a 3.830 --outros 37 menos--. Por contra, aumentan nas de Santiago e Barbanza a 3.418 --suma 52--; na de Pontevedra e O Salnés a 2.613 --engade 35--; na de Ferrol a 1.858 --supón 26 máis-- e na de Lugo a 2.105 --unha ducia máis--.
ÚLTIMAS CIFRAS POR ÁREAS
Os contaxiados en Galicia aumentan a 101.399, dos que 23.341 corresponden á área da Coruña e Cee; 19.363 á de Vigo; 16.563 á de Santiago e Barbanza; 13.655 á de Ourense; 10.860 á de Pontevedra e O Salnés; 10.599 á de Lugo e 7.018 á de Ferrol.
A elas súmase a de Vigo, na que, aínda que aumentan nun os ingresados con Covid en UCI ata os 25, descenden en 12 ata os 153 as persoas hospitalizadas con esta patoloxía noutras unidades. Pola súa banda, a de Pontevedra e O Salnés pasa a ter 27 en críticos --dous menos-- e 113 noutras unidades --catro menos--.
No distrito de Lugo, polo seu lado, soben nun os hospitalizados con Covid en UCI ata os 26, pero caen a 65 --cinco menos-- os que se atopan noutras unidades; mentres que na de Santiago e Barbanza descenden nun os que están en críticos ata os 42 e increméntanse a 128 --tres máis-- os ingresados noutras unidades. E no caso da área de Ferrol, as persoas en UCI baixan a 25 --dúas menos--, pero soben a 173 as que están noutras unidades --sete máis--.
Escribe o teu comentario