Deteñen a un home no Porriño que se identificou como "diplomático da República Errante de Menda Lerenda"
O home era buscado por un xulgado xunto coa súa parella por non escolarizar aos seus fillos
A última detención que realizaron os axentes da Policía Local do Porriño é merecedora de figurar no próximo Atlas Universal das escusas.
Tanto o detido como a súa parella eran requiridos por un xulgado por non escolarizar aos seus fillos.
Un globo terráqueo | Foto: EP
A Policía Local do Porriño detivo a un veciño desta localidade pontevedresa sobre o que pesaba unha orde de arresto dun xulgado de Vigo e que se identificou como diplomático do "mini estado" da 'República Errante de Menda Lerenda'.
O arrestado, segundo informa este domingo o concello porriñés, foi localizado nun control da policía municipal na avenida Domingo Bo. Ante o requirimento dos axentes, non lles mostrou o seu DNI, senón un papel que, supostamente, acreditaba a súa condición de diplomático desa nación.
Cuestionado por este asunto, o individuo asegurou que "non ten obrigación" de escolarizalos xa que "non recoñece" o Estado español e a educación docente dos seus fillos desempéñase na súa casa e corre a cargo dos seus proxenitores.
Tras ser identifacado no cuartel da Garda Civil, o home foi levado ás dependencias da Policía Local do Porriño en calidade de detido. Alí, no momento en que se lle leron os dereitos, solicitou que fose avisado "o cónsul" da Repúblca Errante do Menda Lerenda.
A continuación, prestou declaración perante o xulgado, onde se ratificou na súa negativa para recoñecer a súa condición de cidadán español e, mesmo, negando ser a persoa identificada polos axentes, apelando ao seu suposto nomee nese estado ao que di representar.
Escribe o teu comentario