Fin a sinalar xuízos para 2023? Lugo estreará novo xulgado do social en marzo, promete o TSXG

O novo xulgado do social de Lugo entrará en funcionamento o próximo 31 de marzo. Así o avanzou o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, durante unha visita a este municipio.

|

O Colexio de Avogados de Lugo leva meses alertando da saturación dos tres xulgados lucenses que lidian con preitos laborais. 


O cuarto está preto de entrar en funcionamento. Está por ver se serve para acabar con "sinalizacións para os xuízos en 2023".


Visita do presidente do TSXG a Lugo


O novo xulgado do social de Lugo entrará en funcionamento o próximo 31 de marzo. Así o avanzou o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, durante unha visita a este municipio.

"É unha boa noticia para Lugo. Vai ser unha solución importante para a xurisdición social", destacou, sobre a posta en funcionamento deste órgano demandada polo TSXG "desde hai varios anos".

José María Gómez y Díaz-Castroverde reuniuse este mércores con membros da carreira xudicial do municipio. No encontro abordouse a situación do Xulgado de Menores, que está pendente de que a Xunta finalice a habilitación dun espazo na Audiencia Provincial para o seu traslado.

COVID NA XUSTIZA GALEGA

Así mesmo, valorou a incidencia da crise sanitaria na Administración de Xustiza, que considerou "razoablemente boa", e destacou estas instalacións como "espazos seguros".

"No seu momento, fixemos un protocolo de racionalización de sinalizacións, de modificación de axendas, e creo que, a día de hoxe, o que se suspendeu no primeiro estado de alarma está xa agendado", manifestou.

Doutra banda, indicou que a COVID-19 "alterou o ritmo normal de ingreso de asuntos" e que a estatística provisional do último trimestre do ano revela unha importante diminución deste indicador, pero tamén de "un aumento no número de resolucións ditadas, en comparación con 2019".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE