Coronavirus Galicia: Primeiros fráxiles indicios dun posible cambio de tendencia aínda que segue en máximos


As últimas cifras do coronavirus en Galicia non son tan terribles como as da semana pasada. Aínda así, non melloran o suficiente para baixar ningunha das medias semanais ou a 15 días. Por tanto, segue sen haber ningún sinal sólido de melloría, aínda que si se empezan a atisbar indicios, moi débiles e por tanto facilmente reversibles, dun posible cambio de tendencia.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia non son tan terribles como as da semana pasada. Aínda así, non melloran o suficiente para baixar ningunha das medias semanais ou a 15 días. Por tanto, segue sen haber ningún sinal sólido de melloría, aínda que si se empezan a atisbar indicios, moi débiles e por tanto facilmente reversibles, dun posible cambio de tendencia.


Así, os 890 positivos comunicados hoxe non chegan para rebaixar a incidencia acumulada semanal, que sobe de 243 a 253. Con todo, eses 890 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas é a mellor cifra do últimos catro días.


Ou05Mn incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia  (2)




Hai que ter en conta, iso si, que na súa maioría foron encargados o sábado, día no que se adoita caer a cantidade de PCRs. De feito, caeu; o SERGAS completou uns 8.900 cando habitualmente, de media, vén facendo uns 9.300.





Agora ben, a pesar de realizar menos PCR, a media de positividade non se disparou, de feito o 10% de onte é o mellor rexistro do últimos tres días e está por baixo da media semanal, o 10,5%. 


Son tenues indicios dunha posible melloría a medio prazo da que por agora non hai nin rastro na incidencia acumulada a dúas semanas, o principal indicador e que tende a non cambiar de rumbo facilmente. Hoxe bate un novo récord, poñendo a Galicia en 406 diagnósticos por cada 100.000 galegos en dúas semanas. Xamais Galicia superara a barreira dos 400 de incidencia a dúas semanas. Noutras palabras, xamais houbo tanto covid-19 no país.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS


A media da porcentaxe de cambio dos casos activos foi en pasados repuntes a primeira en reflectir cambios de tendencia. Por agora, non hai un sinal claro, pero si algún indicio, pois o seu crecemento moderouse nos últimos días e de feito hoxe queda estancando no 7%.





A isto contribúe o aumento de 5,9% onte, que a pesar de ser unha mala cifra é a mellor da semana. Hipótese sobre a evolución futura ao carón, a situación é gravísima. En só catro días o SERGAS ten que atender a 3.000 infectados máis.  


CONCLUSIÓNS


Con todas estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:




  • Nunca houbo tanto coronavirus en Galicia.  A incidencia acumulada semanal e a dúas semanas están valores récord. A taxa de positividade está en máximos desde a primeira onda, cando se facían poquísimos test.
  • Dado que unha boa parte dos casos activos son moi recentes, o peor para os hospitais está aínda por chegar. Algo moi preocupante, dado que hai UCIs como a de Ferrol que xa tivo que trasladar críticos e outras como a da Coruña por encima do 70% de ocupación. Ou moito mellora a pandemia pronto, ou a situación será máis grave que a de primavera, cando as UCIS aguantaron a duras penas en parte debido a que moitos anciáns de residencias non foron hospitalizados, morrendo centos nos asilos.
  • Hai algún tenue indicio de melloría. Por exemplo, a taxa de positividade baixou hoxe a pesar de realizar menos test o SERGAS e a porcentaxe de crecemento de infectados perdeu empuxe a simple visto. Agora ben, son indicios extremadamente recentes e débiles, procedentes ademais dos datos dunha fin de semana. Por tanto, non hai sinais claros dun cambio de tendencia pronto.




DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


A área sanitaria da Coruña volve ser a que máis positivos achega ao total, 242 dos 890. É tamén a que ten máis enfermos en UCI, 31 dos 104 que hai en Galicia.





O dato dos 104 enfermos críticos en extremadamente preocupante. Hai que lembrar que o SERGAS di ter 274 UCIs convencionais. Estamos pois preto do 40% de ocupación sen recorrer a solucións excepcionais. Na primavera chegou haber 178 enfermos críticos. Así as cousas é moi probable que a ocupación neste rebote sexa tan grande ou peor que a da primeira onda.


Máis análise en detalle dos datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE