Covid por concellos: o coronavirus ábrese paso nas cidades de Vigo (+70) e A Coruña (+49) e nas súas proximidades

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario que debuxan as principais cidades de Galicia segue sendo desolador: todas revisten unha alza de casos constante e sen freos. 


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario que debuxan as principais cidades de Galicia segue sendo desolador: todas revisten unha alza de casos constante e sen freos. 




O impacto do nadal é cada vez máis notorio, e máis neste día no que Galicia rompe novamente o seu récord de novos positivos en 24 horas. Todas as áreas galegas ven crecer hoxe as súas cifras, coas áreas coruñesa, viguesa e ourensá desbocadas moi por encima do centenar de novos casos nun só día, ademais dun empeoramento xeneralizado na área de Ferrol. 







O nivel de alerta nas sete cidades é cada vez máis parecido a medida que todas van entrando no nivel máximo de alerta cunha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. A capital galega, xunto coa cidade herculina, a cidade olívica, a cidade termal e a cidade departamental, atópase en este nivel máximo de alerta. Mentres, a cidade do Lérez, que empeorou considerablemente nas últimas semanas, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Por baixo diso atópase en rosa escuro a cidade amurallada, con unha incidencia acumulada de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes.






Ciudad a cidade, Vigo sofre unha variación en 24 horas de 70 de casos máis. A Coruña repunta con 49 máis, mentres que Santiago, Ferrol e Ourense sofren unha variación de máis dunha vintena de casos nun só día: 25, 21 e 28 máis respectivamente. Mentres, Pontevedra suma catorce máis e Lugo, a única que aguanta o tipo de momento, seis máis. 


Con todo, esta situación dramática ha traspasado as fronteira municipais e os municipios lindeiros víronse arrastrados nesta caída. Boa proba diso é o que sucede en Ferrol: Narón suma quince, Fene trece e Pontedeume dez. Ortigueira, outra das grandes urbes da zona, anota unha ducia. Tamén Arteixo suma 44 casos máis ou Carballo 18, condicionados pola situación na Coruña, Poio (+13) practicamente calca as cifras da súa veciña Pontevedra e Ponteareas, con 22 máis, e A Cañiza, con catorce, empeoran a un ritmo tan alto como Vigo.


Modariz e Salvaterra cunha ducia ou Viveiro e Silleda con once máis, tamén destacan entre as subidas, mentres que  Vilagarcía de Arousa e Outes, con sete casos menos cada un, protagonizan os maiores descensos.


CIFRAS POR ÁREAS

Por áreas sanitarias, o escenario é desolador, con ata catro áreas hoxe por encima do centenar de casos máis. A Coruña, con 208 máis en só 24 horas despois de anotar 261 novos positivos, lidera case todos os apartados. Só está por detrás de Ferrol en positividade, despois de que a área ferrolá marca un 21% polo 18,4% da súa veciña. A ferrolá, que destapou 140 novos positivos, crece esta xornada en 113 casos máis. Son 199 casos activos novos nas últimas 48 horas na área departamental.


Vigo computou onte 255 novos casos, cunha positividade do 10,5%, o que fai crecer ao área viguesa en 173 casos activos máis. De preto séguelle Ourense, coa súa terceira xornada seguida engadindo máis dun centenar de novos casos aos seus algarismos. A área termal, que computou onte 151 novos positivos, conta cunha positivda dle 9,7%, a máis baixa da comunidade.


Santiago de Compostela, que rexistrou onte 167 novos positivos, cun índice de positividade do 10,7%, sumou 76 novos casos, unha cifra sensiblemente inferior á que viña ofrecendo as dúas últimas xornadas. Mentres, Lugo e Pontevedra, as dúas áreas con mellor comportamento ata a data, detectaron 84 e 82 novos positivos respectivamente, aínda que con porcentaxes de positividade ben distintos: 12,1% e 16,3%. A lucense sumou 39 novos positivos ás súas cifras, mentres que a pontevedresa fixo o propio con 47 casos máis. 






Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 16 de xaneiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.666, dos cales 2.843 son da área da Coruña, 1.031 de Lugo, 1.605 de Ourense, 954 de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.157 de Santiago e 909 de Ferrol. 


InXUz coronavirus por concellos de galicia  (5)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE