Galicia non ten teito: 1.135 novos positivos en 24 horas marcan o récord nunha comunidade descontrolada

As cifras da pandemia en Galicia seguen rompendo día a día os rexistros de récord das xornadas anteriores. Hoxe a comunidade volve deixar atrás o teito de novos casos que establecera facía 48 horas, cando lanzou 1.025 novos positivos. Agora son 110 casos por encima desa cifra.



|

As cifras da pandemia en Galicia seguen rompendo día a día os rexistros de récord das xornadas anteriores. Hoxe a comunidade volve deixar atrás o teito de novos casos que establecera facía 48 horas, cando lanzou 1.025 novos positivos. Agora son 110 casos por encima desa cifra.


Ademais, a comunidade ten que lamentar hoxe catorce falecidos, a cifra máis alta desde o 7 de decembro cando foron 16 os decesos por coronavirus en só 24 horas.



Outra xornada negra en Galicia, que segue coa súa particular costa de xaneiro e pagando os excesos do Nadal. O 1 de xaneiro Galicia anotou 5.833 casos activos na comunidade; este 15 de xaneiro son xa 11.666. En só dúas semanas de 2021 a comunidade multiplicou por dúas a súa cifra de casos activos, e ningún indicador sinala que alcanzásemos o máximo.


Só na última semana son 3.871 casos activos máis, unhas cifras dramáticas para unha comunidade que hoxe sofre unha positividade do 11,2% e con unha incidencia acumulada a 14 días de 357 casos por cada 100.000 habitantes, o que non fai máis que evidenciar a situación límite da comunidade. A incidencia acumulada a unha semana achégase aos 250 casos por 100.000 habitantes.



As autoridades sanitarias inciden en que, coas novas restricións, a melloría de Galicia debería comezar a facerse ver a finais de mes ou a principios de febreiro, cando as medidas aplicadas ao longo desta semana comecen a dar os seus froitos.


Mentres, o número de PCR realizadas segue tamén en máximos, ao realizarse por terceiro día consecutivo máis de 10.000 test, o que levou á media semanal a situarse por encima das 9.000 probas diarias. Os cribados, fundamentais para detectar asintomaticos, tamén seguen realizandose ao longo e ancho da comunidade, do mesmo xeito que a campaña de vacinación, que parece alcanzar a velocidade de cruceiro.


A alza de casos nestes compases do ano levou á media semanal de Galicia ha situar se nuns valores moi preocupantes, ao crecer hoxe a media semanal de cambio diario a un ritmo do 6,7%, a mesma cifra que onte e a máis alta desde o 24 de agosto. 


 


ALTAS E FALECIDOS

O único capítulo para o optimismo nas cifras galegas é o de altas médicas, que hoxe volve situarse por encima do medio milleiro con 527, unha ducia máis que onte. Ademais, a presión hospitalaria, con máis de 500 camas ocupadas por pacientes Covid nestes momentos, hoxe non sofre un repunte tan pronunciado como o dos días anteriores, ao sumar só unha cama máis. Nunha semana foron ocupadas 164 camas. 




A pesar de todo, hai que lamentar catorce decesos máis. Así, e desde o inicio da pandemia - segundo as cifras oficiais da Xunta-, son 1.499 os falecidos por coronavirus, un díxito que deixa a Galicia ao bordo do milleiro e medio de mortos por Covid-19. 


IN2IO coronavirus en galicia desde outubro evoluci n diaria (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE