Xunta e entidades sociais traballan para evitar que as persoas sen teito pasen a onda de frío na rúa
A Xunta está en "permanente contacto" con entidades sociais para que "ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa", segundo destacou a conselleira de Política Social, Fabiola García.
O Goberno de Galicia trata de garantir, da man de organizacións sociais, que os albergues gocen de suficientes prazas dispoñibles durante a onda de frío.
O obxectivo é, segundo a titular de Política Social, Fabiola Garcia, que "ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa".
A Xunta está en "permanente contacto" con entidades sociais para que "ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa", segundo destacou a conselleira de Política Social, Fabiola García.
Así o sinalou a preguntas dos xornalistas sobre o dispositivo do Goberno galego para atender ás persoas sen teito na comunidade.
Respecto diso, apuntou a reunións por "videconferencia e chamadas" con esas entidades e disposición "24 horas" co obxectivo de asegurar que haxa prazas en albergues "e que ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa".
Escribe o teu comentario