A Xunta está en "permanente contacto" con entidades sociais para que "ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa", segundo destacou a conselleira de Política Social, Fabiola García.
A onda de frío polar continental que entra este xoves na Península polo leste deixará en Galicia unha baixada das temperaturas menos acusada que noutros puntos do norte do país, aínda que de fronte ao venres e o sábado prevense noites nas provincias de Ourense e Lugo nas que se alcancen valores de entre -5 e -7 graos centígrados.