Así de poderosos soan os galegos 'Superfuzz', gañadores da novena Guerra de Bandas de Actual 21 (vídeos)

O xurado da Guerra de Bandas --formado por Aurora Beltrán, Sanda Sáinz, Chuchi Pérez Caballero e Juan Carlos González Cabano-- elixiu á banda 'Superfuzz' como a mellor de entre as dez finalistas seleccionadas para esta novena edición, co que gaña un lugar na programación de Actual 2022 (do mesmo xeito que 'Debruces', banda gañadora en 2020).

|

The Hives ou Señor Non son algúns dos nomes que veñen á mente ao escoitar á banda que acaba de derrortar a outras 43 na loita por poder actual no Festival Actual.

O xurado da Guerra de Bandas --formado por Aurora Beltrán, Sanda Sáinz, Chuchi Pérez Caballero e Juan Carlos González Cabano-- elixiu á banda 'Superfuzz' como a mellor de entre as dez finalistas seleccionadas para esta novena edición, co que gaña un lugar na programación de Actual 2022 (do mesmo xeito que 'Debruces', banda gañadora en 2020).








'Superfuzz' é un 'powertrío' formado a mediados de 2018 e composto por Juan Folla (batería), Andrés Saavedra (baixo) e Javier Insua (voz e guitarra). Cantan en castelán e as súas influencias proceden do pop rock británico dos anos 60 (Beatles, Kinks, The Who...), mesturado cun son 'garajero' máis moderno, tipo Jet ou White Stripes. A finais do verán de 2019, a banda gravou o seu primeiro e único traballo discográfico.






Dese traballo provén  esta versión en directo de "Roteiro Suicida" gravada en xaneiro de 2020 na presentación do primeiro disco de Superfuzz na sala Garufa Club da Coruña.  







Esta edición da Guerra de Bandas desenvolveuse integramente en formato dixital a través de gravacións en directo publicadas na web do festival, todo iso por mor da incidencia do coronavirus.

O xurado decantouse por 'Superfuzz' nun concurso no que tamén competiron 'Desastre' (Madrid), 'Young Forest' (Madrid), 'DeLarge' (Andalucía), 'Os Flamingos' (Navarra), 'Clemm' (Cataluña), 'Pomeray' (País Vasco), 'Rachel & Os Zánganos' (A Rioxa), 'Sugarcrush' (Ciudad Real) e 'Marsella' (Madrid). A organización da Guerra recibira previamente un total de 44 candidaturas presentadas desde diferentes partes de España e Portugal.

O festival, ademais dun contrato valorado en 2.000 euros para actuar en Actual 2022, tamén outorgará proximamente un premio do público valorado en 300 euros e outro premio co mesmo importe para sortear entre todos aqueles que interaccionen en redes sociais co hashtag #ActualGuerra21 e sigan os perfís de @ActualFestival.

Superfuzz




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE