Desbocado o covid con 639 positivos nun día e cun 40% máis de hospitalizados tras Nadal
Como moitos médicos advertían, o coronavirus disparouse en Galicia tras o Nadal. Máis de 600 positivos nun día, máis do 8% de positivos onte e máis de 709 casos activos en dous días. Son cifras que, en teoría, debesen levar ao SERGAS para endurecer as restricións canto antes.
Como moitos médicos advertían, o coronavirus disparouse en Galicia tras o Nadal. Máis de 600 positivos nun día, máis do 8% de positivos onte e máis de 709 casos activos en dous días. Son cifras que, en teoría, debesen levar ao SERGAS para endurecer as restricións canto antes.
Galicia chegou a Noitevella con 166 diagnósticos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Agora está en case 200. Un crecemento do 20% en dúas semanas.
Subida que, ademais, está a acelerarse. Así, a incidencia acumulada semanal pasou de 81 a 113 no período vacacional. É un crecemento de en torno ao 40% en Nadal.
PORQUÉ HOUBO MENOS PROBAS EN NADAL?
As poquísimas PCRs en Nadal é un dos factores que poden influír no descontrol da pandemia. O SERGAS chegou ás festas realizando de media uns 8.500 PCRs ao día, agora a media aínda está en 5.600 pese pisar o acelerador nas últimas xornadas, por exemplo onte completou 8.000
Os hospitais empezan a sufrir as consecuencias. Hai 362 enfermos de covid-19 nunha cama convencional, que son 97 máis que antes de Nadal. Un incremento de case o 40% na presión hospitalaria cando a maioría da xente contaxiada nas festas aínda non ha desarrolado síntomas tan graves como para necesitar hospitalización. O peor para os sanitarios está aínda por chegar.
A onda que pronto chegará aos centros sanitarios xa se percibe no cómputo de casos activos. Onte creceu un 4,6%, 206 máis que antonte. En só dous días a suma de infectados pasou de 5.991 a 6.700, un 11% máis.
A media semanal alzar ao 2,4% de crecemento diario, o seu peor rexistro desde principios de novembro, cando o SERGAS tivo que implantar o seu primeiro paquete de restricións máis duras.
Con todos estes datos sobre a mesa pódese concluír que:
- O coronavirus está a acelerar en Galicia nos últimos días dunha maneira notable. Un dos factores que explican a alza é a relaxación das restricións do SERGAS en Nadal.
- Outro dos factores que o explican é a caída de PCRs. Estamos case en cifras récord de positividade de probas tras a primeira onda.
- Os contagios do Nadal xa se deixan notar nos hospitais. Con todo, a presión hospitalaria empeorará nos próximos días pois, por exemplo, a maioría dos infectados en Noiteboa non tiveron tempo de desarrolar síntomas graves.
DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
Vigo é hoxe a área sanitaria que máis diagnósticos achega ao total galego, 181 de 639. Parte deses contagios explícanse por un novo brote nun asilo. En concreto na Residencia Paz e Ben que xestionan as monxas franciscanas en Tui, con máis de 40 novos positivos.
Ferrol (29) e Pontevedra (45) son as áreas con menos diagnósticos, pero tamén as máis pequenas. Máis información en detalle a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario