A Xunta e o Concello de Santiago homenaxean a Valle-Inclán e Díaz Pardo polo aniversario da súa morte

Xunta e Concello de Santiago renden homenaxe aos dous escritores

|

Mentres que este é o noveno aniversario da morte de Díaz Pardo, no caso do pai do teatro do esperpento cúmprense 85 anos do seu falecemento. 


Ao acto acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ou a edil do goberno santiagués Mercedes Rosón, entre outros.


Ofrenda floral a Valle Inclán


O cemiterio de Boisaca acolleu este martes a tradicional ofrenda floral que cada ano reúne a familiares, administracións e representantes institucionais para homenaxear ao dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán no aniversario da súa morte.


Este acto viuse acompañado do recordo a outra figura transcendental da cultura galega: o pintor e empresario compostelán Isaac Díaz Pardo, falecido o mesmo día que o autor de 'Luces de Bohemia'.

Entre os participantes atopábanse, ademais de familiares e representantes de asociacións, a edil compostelá Mercedes Rosón, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, que lembraron o importante legado de ambos os intelectuais.


Tanto Rosón como Rodríguez incidiron na visión particular de concibir o mundo da que facía gala Valle-Inclán, que pasaba do persoal ao "universal" como un dos galegos máis ilustres.


O titular de Cultura lembrou a súa traxectoria vital e creativa, animando á lectura das súas obras como unha de mellóralas vías para renderlle tributo neste 85 aniversario da súa morte.

Rodríguez valorou, sobre todo, a importancia da cultura para "tender pontes" entre administracións e facilitar a adopción de "compromisos en común" desde diferentes ámbitos, partidos e a sociedade civil, que se unen "para dignificar, lembrar e valorizar" a traxectoria dun dos grandes creadores do territorio.

Mercedes Rosón, pola súa banda, destacou ao dramaturgo como un dos creadores "máis universais" de Galicia e que comparte sepultura en Compostela da man de figuras como o propio Díaz Pardo, Antón Fraguas, Aurelio Aguirre, ou Carvalho Calero.


COROAS DE FLORES

Previamente depositáronse coroas de flores tanto na tumba do propio Isaac Díaz Pardo como do dramaturgo nado en Vilanova de Arousa, falecidos en 2012 e 1936, respectivamente


Rodríguez lembrou, neste sentido, o legado de Díaz Pardo, que a Xunta conmemorou o pasado ano con motivo do centenario do seu nacemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE