A destrución de emprego acelera mesmo en decembro, que era un mes tradicionalmente para o traballo

O paro volveu acelerar en Galicia e en España tras o leve alivio da campaña estival. Con todo, o mercado de traballo está a comportarse menos mais na autonomía que no Estado, pois en Galicia creceu o desemprego un 14% e na media de España un 22% no último ano.


|

O paro volveu acelerar en Galicia e en España tras o leve alivio da campaña estival. Con todo, o mercado de traballo está a comportarse menos mais na autonomía que no Estado, pois en Galicia creceu o desemprego un 14% e na media de España un 22% no último ano.


  Paro rexistrado

O número de desempregados en Galicia durante 2020 aumentou un 14,69%, de forma que o total elevouse ata 189.587, o que supón 24.279 máis que ao peche de 2019, segundo datos deste martes do Ministerio de Traballo.


 




 

Con todo, este incremento do paro é oito puntos inferior ao aumento medio no Estado (+22,9%). O maior repunte rexístrase en Baleares (+37,99%). No outro extremo está Cantabria (+9,37%), única comunidade cunha alza de menos de dous díxitos.

MALOS DATOS EN NADAL
Respecto a decembro en comparación co mes anterior, o paro sobe en Galicia en 2.115 persoas (+1,13%). Neste caso trátase dunha subida maior que a media española (+0,96%).





Hai que ter en conta que, ata este ano, Decembro era un bo mes para o emprego, debido ás contratacións en comercios, turismo e restaurantes. Todos eles sectores moi golpeados polas restricións do coronavirus.


DATOS POR MUNICIPIOS E PROVINCIAS

A provincia con peores resultados en Pontevedra, a que en teoría atrae máis turistas. Alí hai municipios como o de Oia onde o paro creceu case un 16% nun só mes. Na Coruña,  un dos municipios onde máis subiu o paro é As Pontes, case o 11%, onde Endesa pretende pechar a central térmica.




MÁIS MUJERES QUE HOMES SEN TRABALLO

Se se ten en conta o paro por sexos, no mes de decembro de 2020 contabilizáronse 82.349 de homes desempregados, fronte ás 107.238 mulleres paradas. Con todo, os dous sexos están a sufrir o impacto da recesión en termos, polo menos por agora, semellantes.





A MAIOR CRISE EN MÁIS DUNHA DÉCADA
O ano 2020, marcado pola crise da covid durante nove dos seus doce meses, rompeu con sete anos consecutivos de descensos do paro rexistrado en España ao sumar no conxunto do exercicio 724.532 desempregados (+22,9%), o seu maior repunte anual desde 2009, en plena crise financeira.  







O Ministerio de Emprego e Seguridade Social tamén publica a cifra de afiliados á Seguridade Social. En decembro de 2020, rexistráronse 1.002.161 de afiliados, cunha variación de -0,76% en comparación co mes anterior. Con respecto ao mesmo mes de 2017, a variación foi de -1,77%.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE